A concellería de Vías e Obras comunica que proximamente vanse iniciar as obras de MELLORA DO SANEAMENTO E ABASTECEMENTO NAS RÚAS DIEGO A. GONZÁLEZ E GALICIA.
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- As citadas obras abarcan o tramo comprendido entre o cruce da Rocha, no Coruto, e o cruce con Concepción Arenal e van a consistir na reposición das redes de saneamento e abastecemento de auga así como na instalación dunha rede de pluviais e na reposición das beirarrúas que, como todo mundo coñece, están en moi mal estado.
O presuposto da obra ascende a cantidade de 850.000 € e está financiada integramente pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Dende o Concello queremos destacar a importancia desta obra que se enmarca dentro do programa de mellora das citadas redes de servicios que o grupo de goberno emprendeu en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente dende o inicio do seu mandato.
Dende a concellalía de Vías e Obras queremos pedir desculpas de antemán polas molestias que se poidan ocasionar ós cidadáns durante a realización dos traballos.