09 marzo 2009

Vigo : Visitas guiadas
ao Museo Liste e Salinas Romanas

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O Banco do Tempo (BdT) da Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza novas visitas guiadas. O martes 10 marzo ás 17:00 h. terá lugar a visita guiada ao Museo Liste (rúa Pastora nº22), esta saída brindará a oportunidade de ampliar o noso coñecemento do patrimonio etnógrafico galego, xa que entre outras cousas coñeceremos as técnicas de talla en madeira, a cultura do centeno, utensilios empregados nos oficios...
O mércores 11 de marzo ás 17:00 h. visitaremos o Centro Arqueolóxico do Areal para coñecer as Salinas de Rosalía de Castro; farase un percorrido por aquela antigua industria e coñeceremos de primeira man a técnica de obtención do sal e os usos que os romanos lle daban na súa vida cotiá.
Todas as visitas son gratuítas, en cada unha poderá participar un grupo 15 persoas, sexan ou non socias do Banco do Tempo. As persoas interesadas poden anotarse na Federación Veciñal “Eduardo Chao”, na praza da Princesa nº7, 2º, chamando ao tfno. 986 223 067 de 9:30 a 13:00 horas ou enviar un e-mail a bancosdotempo@favec.es.
Terase en conta a orde de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles.