11 marzo 2009

Selección de trabajadores para el Plan Provincial de Fomento del Empleo

Serán contratados temporalmente entre maio e outubro e presentaronse 3.100 solicitudes
UN TRIBUNAL, FORMADO POR FUNCIONARIOS E CONSENSUADO POLA DEPUTACIÓN E OS SINDICATOS, SELECCIONARÁ ÓS 170 TRABALLADORES DO PLAN DE FOMENTO DO EMPREGO EN PEQUENOS CONCELLOS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Un tribunal, formado por funcionarios e consensuado entre a Corporación Provincial de Pontevedra e os sindicatos, seleccionará os 170 traballadores que a institución provincial contratará temporalmente para o Plan Provincial de Fomento do Emprego en pequenos concellos.

O Plan foi posto en marcha pola Deputación Provincial para paliar os efectos da actual conxuntura económica sobre o mercado de traballo e vai destiñado á contratación de desempregados para realizar obras ou servizos de interés xeral ou social en concellos de menos de 10.000 habitantes por 6 meses: entre o 1 de maio e o 31 de outubro do 2009.

A previsión inicial era contratar 152 traballadores a tempo completo pero, en vista de que moitos concellos demandaron contratos a tempo parcial (media xornada) para ampliar a oferta e favorecer ó maior número de personas, foron convocados un total de 156 postos a xornada completa e 14 a tempo parcial.

No prazo de 15 días aberto para presentar instancias, presentaronse 3.100 solicitudes sin contar as remitidas por correo. O vindeiro luns serán feitas públicas no BOP as listas de admitidos e excluidos e abriráse un prazo de cinco días para subsanar os motivos de exclusión, si os houbera.

Criterios e puntuacións

A selección dos traballadores será realizada, según establecen as bases da convocatoria, mediante unha entrevista personal que será valorada de 0 a 10 puntos. Nela, teránse en conta criterios obxectivos relacionados coas características e condicións dos postos de traballo ofertados.

Os devanditos criterios serán puntuados nos termos e coa acreditación documental seguinte: ata 2 puntos según os coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto ofertado, acreditados con certificado de estudios, diplomas de asistencia a cursos, xornadas e preguntas que formule o tribunal sobre o posto de traballo que se desempeñe; ata 3 puntos, a experiencia profesional acreditada mediante certificado de vida laboral, certificados de empresa ou fotocopia de contratos de traballo; ata 1 punto, a proximidade xeográfica ó lugar de traballo acreditada coa tarxeta de demanda de emprego; ata 0,10 puntos a disponibilidade de horario para realizar o traballo; ata 1 punto o tempo de permanencia no desemprego, según demostre a tarxeta de demanda de emprego; ata 0,90 puntos, o feito de ser perceptor de prestacións, según acredite o certificado da oficina de emprego ou xustificante bancario; e ata 2 puntos a situación da unidade familiar, demostrada según fotocopia do libro de familia, tarxeta de demanda de emprego e declaración xurada dos membros da unidade familiar.

Ante o elevado número de personas que se presentaron e as dificultades que supón realizar a selección mediante unha entrevista personal no prazo e nas datas previstas na convocatoria, xunto coa lista provisional de admitidos e excluidos, publicaránse tamén as puntuacións dos criterios de valoración da entrevista que deberán ser acreditados documentalmente ante o tribunal esa mesma data ou no prazo de 24 horas.

Tribunais e garantías

Os tribunais seleccionadores estarán formados por funcionarios públicos da Deputación Provincial, non poderán formar parte deles personas de elección ou designación política, e a súa composición será consensuada entre a Corporación Provincial e os representantes sindicais para garantir a maior transparencia dos procesos selectivos e o respeto dos principios constitucionais de mérito e capacidade para o acceso (temporal) ó emprego público.