20 junio 2009

Feijoo manda un emisario al Cono Sur para decir que la Xunta no dejará tirados a los emigrantes


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, vén de reforzar o compromiso da Xunta de Galicia coas institucións da emigración. Así o puxo de manifesto na súa visita ao Centro Galego de Buenos Aires, no que constitúe a primeira actividade institucional que realiza no exterior trala súa toma de posesión fai uns poucos días.

Segundo manifestou, así se comprometera coa directiva do centro onde desempeñou o cargo de Delegado da Fundación Galicia Saúde entre os anos 1995 e 1996. “É un centro que levo moi dentro, onde pasei preto de un ano e medio da miña vida, e onde, posiblemente, aprendín a ser un pouco máis galego e sentilo con orgullo”, dixo.

O titular da carteira de emigración marcouse como reto conxunto “conservar este centro” e comprometeu a colaboración da Administración autonómica galega nesta tarefa, posto que “esta é unha grande institución, probablemente a maior dos galegos no exterior”.

Camba animou aos membros da institución a traballar con “seriedade e esforzo” para conseguir entre todos para recuperar “todo o esplendor” de épocas pasadas e comprometeu a colaboración da Xunta de Galicia, aínda no actual contexto contención do gasto postas en marcha polo actual Executivo galego.

Benvida e sinatura no Libro de Honra
O presidente do Centro Galego de Buenos Aires, Julio Martínez Fernández, deulle a benvida á institución e salientou que Santiago Camba xa desempeñara alí o cargo de Delegado da Fundación Galicia entre os anos 2005 e 2006. Neste sentido, destacou o nomeamento de Camba como novo Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia “como unha posibilidade de continuar afondando nos vínculos de relación entre Arxentina e Galicia”.

O Secretario Xeral de Emigración visitou as instalacións do centro, mantivo un encontro cos membros da Xunta Directiva do Centro Galego e asinou no Libro de Honra da institución.


Arxentina e Uruguai
Nestes tres días de viaxe oficial, Camba terá ocasión de visitar a Delegación da Xunta de Galicia, o Centro Galicia de Buenos Aires, a sede da Unión de Asociacións Galegas de Arxentina, o Fogar Galego para maiores de Domselaar (Buenos Aires), así como o Centro Galego de Montevideo e a Casa de Galicia da capital uruguaia.