04 junio 2009

La Xunta llama a sindicatos y patronal del Metal para que sienten la cabeza y dialoguen de nuevo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A conselleira de Traballo, Beatriz Mato Otero, amosou hoxe a súa preocupación polo conflito do metal de Vigo e asegurou que a capacidade de movemento que ten a Administración “é a que leva facendo desde o pasado 22 de abril: mediar”. Neste sentido, incidiu que “este é o único papel que a Administración pode desenvolver. Non é o de presión, senón o da mediación para que chegar a acordos”.
Por iso, “imos tentar que empresarios e sindicatos se senten á mesa e que acheguen as posturas, na actualidade bastante alonxadas”, explicou hoxe a Conselleria de Traballo en declaracións aos medios tras inaugurar a exposición “Solidarízate” da Fundación Caixa Galicia.
Neste sentido, trasladou o seu compromiso de que se fará un novo intento para que ambas partes se senten a negociar xa mañá e senón o luns, sempre coa premisa de que “o camiño a seguir é a mediación”, indicou Mato.
Apelou de novo á “seriedade” porque “en ningún caso nos podemos permitir situacións de violencia como a que estamos a vivir nestes días”. Destacou Mato o dereito de todos os traballadores á folga, pero “tamén a traballar porque non se pode permitir que xente que afortunadamente ten traballo hoxe en día non poda acudir a él”, dixo.
Respecto ao informe enviado ao Ministerio de Traballo considerando que non hai causas “xustificativas” para o ERE de Pascual, Mato amosou a súa esperanza en que o Goberno central atenda ás peticións do Goberno galego e cumpra así o compromiso adquirido fai un par de semanas pola vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega de velar polos empregos da factoría lucense.
Neste sentido, a titular de Traballo lembrou que segundo a información que ten o seu departamento non se podía valorar de xeito positivo, xa que “un expediente non se pode basear en previsións económicas, senón en contas auditadas e que tras revisar a documentación da empresa, considerouse que “non se daban nin as causas tecnolóxicas nin organizativas para valorar positivamente este ERE”.
Respecto á posibilidade de que empresa e traballadores inicien novas conversas, Mato cualificou de “positiva” toda negociación que poda levar a un acordo.