02 junio 2009

Louzán inspecciona en As Neves importantes obras para el municipio

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O presidente da Deputación, Rafael Louzán, desprazouse hoxe ata o municipio de As Neves para repasar as actuacións executadas pola institución ó municipio xunto co alcalde, Raul Emilio Castro, e o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
Louzán declarou que nos últimos anos a Deputación leva investidos en As Neves da orde de dous millóns e medio de euros, concretamente, en accións como a mellora das estradas Rubiós-Carrasqueira; o ensansanche e mellora da estrada Estación-As Neves.
Así mesmo, na dotación de céspede artificial ó campo de fútbol municipal das Neves ou no financiamento da adquisición dun tractor desbrozador para limpeza de cunetas.
Tamén o presidente da Deputación recordou que o pasado exercicio investíronse máis de 200.000 euros no municipio a través dos diversos plans de cooperación que mantén a institución cos concellos da provincia. Estes fondos posibilitaron melloras de redes de sumidoiros, asfaltados, pavimentacións de camiños, a celebración de actividades culturais e deportivas.
Ademais, a Deputación tamén colaborou na instalación dunha marquesina de bus, na dotación de parques infantís novos e adaptados e estableceu colaboracións importantes coa Banda de Música de As Neves.
Rafael Louzán recordou tamén que o Concello de As Neves é unha das 55 administracións locais da provincia adherida ó plan para dotar de Wimax-Wifi ó municipio.
Demandas
Raul Emilio Castro aproveitou a presenza do delegado da Xunta para solicitar unha actuación na estrada da circunvalación que cualificou como “urxente e vital para o municipio”. Esta obra estaría valorada nuns 800.000 euros, especificou o rexedor. Tamén solicitou Castro unha actuación sobre “o punto negro que hai diante do colexio público, onde faltan pasos de peóns e beirarrúas”.
Cores Tourís, tomou nota destas demandas, púxose a disposición do Concello e aseverou que “observando a folla de ruta do alcalde observo que houbo unha importante sequía de investimentos en As Neves por parte da anterior Xunta que gobernou durante catro anos”.
Con respecto á Deputación, o alcalde de As Neves solicitoulle a Louzán que se aceleren as obras do acceso a Cerdeira, no lugar de Piade. O presidente comprometeuse a consultar o estado das obras e a informarlle da situación actual dos traballos que son competencia do Parque de Maquinaria.