se quere acadar o tratamento
e servizos que como
grande cidade merece
Os nosos gobernantes deben saír na defensa do avance de Vigo fronte a calquer ataque externo e unir ás forzas vivas da cidade que aglutina o Consello Económico e Social para traballar todos xuntos nunha mesma dirección e por uns mesmos obxectivos
A batalla emprendida contra Vigo desde o goberno local de Pontevedra resulta unha contienda falsa e artificial. Esta cidade ten dereito a recibir por parte da administración o mesmo trato que o resto de núcleos galegos, trato que merece como gran cidade e como referencia económica na súa área e en toda Galicia.
Resulta terrible a reacción do goberno local de Pontevedra que mira no natural desenvolvemento doutros núcleos un ataque aos seus intereses. Vigo non vai restar nada a Pontevedra senón sumar co desenvolvemento da cidade e da súa área polo que estes posicionamentos localistas non atenden a criterios obxectivos son máis propios de tempos pasados.
Non podemos renunciar á oportunidade histórica que a Vigo se lle brinda para acadar os servizos que corresponden a unha grande cidade. A creación da delegación supón un avance para o recoñecemento da importancia de Vigo e da súa área, unha oportunidade para que dotarrnos das mesmas infraestruturas que xa existen nos principais núcleos de poboación de Galicia.
Vigo precisa que a súa clase política saia na defensa da cidade, os nosos gobernantes non poden mirar para outro lado mestres desde fóra se condiciona o futuro de Vigo e da súa área. Sabemos que calquer proceso de transición é complexo pero tamén sabemos que esta cidade é capaz de avanzar e adaptarse aos cambios se as súas forzas sociais e económicas permanecen unidas e traballan xuntas nunha mesma dirección, por iso solicitamos ao Alcalde que convoque con urxencia ao Consello Económico e Social (CES) para unirmos todos esforzos na defensa férrea da cidade de Vigo.

Xosé Couñago Ribeira /Elena González Sánchez
Secretario FAVEC /Presidenta Federación de Asociacións de Veciños de Vigo