VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Lume, lume, lume...!, ao final foi asi. Os sindicatos do sector do metal, reunidos nunha asemblea esta mañá no Concello de Vigo, anunciaron xa a convocatoria de tres novas xornadas de folga a semana próxima e a partir dese momento o paro converteríase en indefenido , ao non poder alcanzar un acordo coa patronal despois do manifestado por esta na xornada de onte. A próxima semana os paros no sector repetiranse o mércores e o xoves, mentres que para o venres os representantes dos traballadores convocaron unha folga xeral de todo o sector.
Despois do proceso asambleario desta manán, os traballadores continuaron coas súas protestas pola zona de Camelias, onde houbo cargas policiais ao seu paso pola praza de América. Foron moitisimos policías desta vez os que lles fixeron frente. Decenas de furgóns policiais ocuparon as rúas que desembocan na Praza de América e algúns dos vehículos deron varias voltas ao seu perímetro para tratar de dispersar aos traballadores concentrados. Vivironse momentos de grande tensión.
A carga policial con porras e pelotas de goma causaron golpes a algúns manifestantes e as feridas e impactos eran visibles nalgúns deles. A empresa Vitrasa anunciou este mediodía que ademais nesta zona un grupo de traballadores queimou un autobús urbano.Foi un coctel molotov que rebentou o parabrisas e propagou o lume polo interior do vehículo.
A primeira orde da compañía foi suspender todos os servizos de transporte na cidade pero ante as fortes condenas inmediatas da cidadanía, botou marcha atrás e elimináronse os servizos que pasan pola zona das Travesas e rúa Coruña, que ata as dúas da tarde era coma un campo de batalla e seguía tomada polos traballadores do metal.
Os sindicatos convocaron para hoxe aos 25.000 traballadores do sector do metal da provincia de Pontevedra á primeira das dúas xornadas consecutivas de folga, debido á non aprobación dun convenio colectivo que levan negociando desde o pasado mes de marzo. Onte, nunha reunión celebrada entre os representantes laborais, os mediadores e os propios portavoces sindicais de UXT, CC. OO. e CIG, non se alcanzou un acordo e a patronal pretende prorrogar o convenio anterior.