Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, mantivo hoxe una reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, que solicitou a colaboración da Deputación na mellora de dúas vías de comunicación do municipio.
Concretamente, Sobral plantexoulle a Louzán a necesidade de mellorar a estrada Campelo-Lourido e a estrada que vai dende Poio ata Campañó. O alcalde manifestoulle ó presidente que “consciente da situación actual de dificultades económicas” ten previsto presentarlle unha memoria valorada do custe necesario para acometer os traballos que poda ser estudada polos técnicos de vías e obras da institución.
Louzán acolleu positivamente a proposta do alcalde de Poio e afirmou que, unha vez o concello entregue esta documentación, a Deputación estudará incluílas nalgún plan cuatrienal de cooperación cos municipio, ou incluso no plan anticrise da institución.