VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A clasificación final do 45º Rallye Rías Baixas segue sendo, a día de hoxe, provisional. O colexio de comisarios deportivos que seguía a proba viguesa mantén aberto un expediente por un “incidente” no que se viron implicados os vehículos número 4 (Porche 911 GT3 de Sergio Vallejo) e número 15 (Mitsubishi Evo IX de Alvaro Muñiz) na chegada ao parque de reagrupamiento trala disputa da cuarta sección.
Os comisarios chamaron a declarar aos equipos implicados, trala celebración da cerimonia de entrega de trofeos, e ben entrada a madrugada decidiron manter aberto o expediente e non dar, de momento, oficialidade aos resultados do rallye co fin de recabar máis información.
Así mesmo, a clasificación final tamén queda pendente do resultado do control antidoping efectuado a varios pilotos á conclusión do 45 º Rallye Rias Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo.