A comitiva estaba acompañada polas alcaldesas de Mos, Nidia Arévalo, e Ribadumia, Salomé Peña, e figuraban nela tamén os presidentes das asociacións de Noia-Rianxo, Olegaria Dourado; Carballino, Benito Santalices; Vedra, Dora Pegito; Centro Gallego de Avellaneda, Juan Rodríguez; Outes, Manuel Rey; e o profesor Adolfo Lozano.
Na súa intervención, Louzán, destacou a grande laboura dos centros galegos na Arxentina en canto a
Tarxeta sanitaria, futuro dos centros e delegación da Xunta
Informou da inminente posta en marcha da tarxeta sanitaria para os galegos do exterior e dixo que "a pesar dos tempos de grave crise polos que atravesamos, nin a Xunta nin a Deputación van a recortar axudas respecto ós nosos compromisos". Destacou tamén a igualdade de trato da Deputación de Pontevedra para o colectivo emigrante "o que haxa aquí, o haberá tamén para alá".
Louzán resaltou o importante papel no pasado, no presente e no futuro dos centros galegos no exterior _"Galicia tén máis centros de emigrantes no exterior que embaixadas España", dixo_ e manifestou a conveniencia de potenciar fórmulas de unión para o futuro próximo "haberá que unirse para manter o que hoxe temos e, por exemplo, desenvolver actividades entre dous ou tres centros".
Destacou tamén que "non é razonable que a delegación aberta pola anterior Xunta en Buenos Aires pague polo alquiler do seu local seis veces máis do seu valor de mercado". En aras da austeridade, invocou a posibilidade de ubicar as dependencias da actual delegación nalgún centro galego como fórmula para reducir gastos "en calquer caso, a nova ubicación e os traballadores que haxa na delegación, será un asunto que se facerá dacordo coa colectividade", afirmou.