VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de nove accidentes de tráfico e outras 183 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 183 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 364 consultas telefónicas. O máis salientable:
- Ás 07:58 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de SANTIAGO, no camiño da Sionlla de abaixo. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira asistencia, se trasladou a un varón de 56 anos, J.R.P, politraumatizado, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
-Ás 12.52 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de VIGO, na poboación de Zamans. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira asistencia, se trasladou a un varón duns 30 anos, policontusionado ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
-Ás 13:05 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun rescate de dous mariñeiros. Para atender as vítimas, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada e unha ambulancia asistencial ao aeroporto de Alvedro, que logo dunha primeira asistencia e valoración polo médico da ambulancia, non requiriron traslado a un centro sanitario.