MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- Cela celebra a súa VII Festa do Polbo Terá lugar este domingo a partir das 10.00 da mañá no Alto de San Cosme
A Comisión de Festas San Liborio organiza este domingo, día 21 de xuño, no Alto de San Cosme, na parroquia mosense de Cela, a VII Festa Gatronómica do Polbo coa que colabora o Concello de Mos.
Os actos festivos comenzarán a partir das 10.00 horas da mañá e incluirán actuacións musicais de grupos de gaitas e folk pola mañá e pola tarde. Haberá instalada unha gran carpa para protexerse do sol e da calor pronosticados para esta fin de semana.
O precio do polbo será o seguinte: a ración pequena custará 7 euros e a grande, 13 euros.