Mos (MORRAZO-TRIBUNA).- O Consello de Contas sitúa ó Concello de Mos a piques da insolvenciaA Alcaldesa anuncia que se fará público nun pleno o estado das contas domunicipioO Consello de Contas acaba de facer públicos os datos sobre a situacióneconómica de 38 concellos galegos que se atopan a piques da insolvencia, entreos que se atopa o municipio de Mos.
A débeda acumulada da localidade mosense supera os catro millóns e medio de euros, tal e como informou a Alcaldesa, Nidia Arévalo, o pasado mes de xuño; polo que o órgano fiscalizador recomendaextremar a vixiancia sobre a xestión financieira do Concello.
Este derradeiro informe do Consello de Contas revela que a fiscalización correspondente ó ano 2006 sitúa ó Concello de Mos en risco de insolvencia tanto a curto como a longo prazo debido a que carece de recursos suficientes para facer fronte á débeda acumulada. Esta radiografía realizada polo Consello de Contas ven a reflectir a preocupación manifestada en numerosas ocasións, tanto dende a oposición como agora dende o goberno local, pola Alcaldesa mosense,Nidia Arévalo. A rexedora municipal reflexiona de novo sobre a situación económica de Mos, a colación dos datos publicados polo órgano fiscalizador: "a información difundida polo Consello de Contas ofrece o dictame fiscal do 2006, que xa reflectía unha situación moi grave pero que hoxe, tres anos despois, é aínda peor, xa que a liquidación do pasado 2008 deu un resultado de -1 millónde euros e nunca unha liquidación en negativo dera un resultado tan elevado na historia do noso Concello".
Ante esta situación, Arévalo anuncia que próximamente farase público nun pleno o estado das contas do municipio, "para que tódolos veciños sexan coñecedores da realidade económica na que o bipartito deixou á localidade mosense".
O goberno mosense fixo pública o pasado mes de xuño a cifra definitiva da débeda acumulada polos exdirixentes do bipartito. A cantidade que deixaron sen pagar ascende a máis de catro millóns e medio de euros.Un total de 4.539.833,53 euros brutos é a cantidade total que o anterior equipo de goberno municipal mosense deixou a deber, segundo informou a alcaldesa, Nidia Arévalo. A rexedora local especificou que "de estes máis de catro millóns e medio de euros, 1.237.727,98 euros corresponden á débeda do ano pasado recoñecida no presente 2009; 120.749,54 euros son de facturas, tamén do ano pasado, pendentes de recoñecer e presentadas con posterioridade no Concello ata o día 8 de xuño de 2009; e os 3.180.833,53 euros restantes son os que había contabilizados e pendentes de pago con data de 31 de decembro de 2008".
Ademais a alcaldesa comunicou que "o bipartito gastou 77.300 euros máis dos que tiña presupostados en actividades culturais que a concelleira Sandra Temes tivo que asumir con cargo ó seu orzamento para Cultura do 2009".
Durante o que vai de ano, o actual goberno municipal pagou gran parte da débeda acumulada polos antigos dirixentes do Concello. Nidia Arévalo informou de que"dos máis de catro millóns e medio de euros en facturas impagadas xa levamos pagados 3.066.106,04 euros líquidos, quedándonos tan só por liquidar (a data de9 de xuño de 2009), 1.332.974,71 euros procedentes das débedas contraídas antes de que nós chegaramos ó goberno de Mos".