11 agosto 2009

Este sábado, la XXXII edición del Trofeo Príncipe de Asturias de Piragüismo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, recibiu hoxe no pazo provincial ó presidente da Federación Gallega de Piragüísmo, Modesto Teijeiro, ó concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Martín Otero e ó presidente do comité do trofeo que se disputa, Pedro Regojo, con motivo da celebración da XXXII edición do Trofeo Príncipe de Asturias-Gran Premio Deputación de Pontevedra.
A ría de Pontevedra celebra este sábado día 15 un dos grandes encontros do piragüismo que reunirá en augas galegas a algúns dos mellores palistas galegos, españois e internacionais. A saída terá lugar ás 11:00 horas dende Portonovo e a chegada será ás 12:45 horas na Ponte do Burgo de Pontevedra.
Arredor de 70 clubs nacionais e internacionais competirán en embarcacións K4/ C4, no caso dos homes, e K4 as mulleres, nas categorías Senior, Xuvenil e Cadete. Á proba achegaranse palistas de Portugal, Arxentina, Francia, Inglaterra, da península e, por suposto, de Galicia.
Co obxectivo de dar impulso a este importante evento deportivo a Deputación quixo ser unha das principais patrocinadoras da competición cunha achega de 30.000 euros que representa cerca do 50% do financiamento total.