01 agosto 2009

Para el BNG, el plan de choque exhibido por la Xunta este fin de semana, es una chapuza de maquillaje

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, considera que o Plan de Choque presentado hoxe “resulta unha operación de maquillaxe contábel decepcionate, que non responde aos problemas reais do país”.
Aymerich asegura que o Goberno do PP “pretende acometer unha reordenación dos orzamentos por inmporte de 1.224 millóns de euros sen especificar de onde saen, de qué partidas se retiran os cartos”.
Neste sentido, alerta de que “a sociedade galega non vai admitir novos recortes nos servizos e prestacións públicas similares aos xa decretados polo PP a respeito da eliminación da gratuidade dos libros de texto”.
“Sería necesario -engade- que o Goberno da Xunta explicase inmediatamente no Parlamento qué partidas se reducen co fin de dotar este plan de choque”.
“Plan que choca contra as persoas que máis padecen a crise”
Carlos Aymerich denuncia que “máis unha vez comprobamos como os plans de choque dos gobernos do PP chocan contra os de sempre: os sectores sociais que padecen a crise e contra un tecido produtivo que segue á espera de que a Xunta do PP adopte medidas de reactivación económica”.
Menos da metade dos desempregados sen cobertura recibirán axudas do Plan de Choque
En concreto, o portavoz do BNG no Parlamento Galego denuncia que “para o principal problema que ten Galiza neste momento, que é o do desemprego, destínanse apenas 178 millóns de euros, pouco máis do 12% do total”. Ademais, critica que estas axudas “consistirán básicamente en subvencións ás empresas e non axudas directas aos máis de 200.000 galegos e galegas que neste momento están no paro”.
Neste sentido, Carlos Aymerich subilña que das máis de 90.000 persoas que neste momento están no paro en Galiza e que non perciben ningunha cobertura social, “co borrador do Plan de Choque da Xunta apenas se prevé atender a menos da metade”.
Falta de ambición para acometer as infraestruturas pendentes en Galiza
Por outra parte, o portavoz do BNG na cámara galega critica que a partida máis importante do Plan de Choque “se destine a infraestruturas viarias que xa estaban contempladas nos orzamentos”.
A este respeito, lamenta “a falta de ambición da Xunta ao non aproveitar o plano para acometer infraestruras pendentes como as conexións ferroviarias de proximidade ou, noutros ámbitos, as depuradoras de Vigo, o saneamento integral da ría do Burgo, ou os novos hospitais de Vigo e Pontevedra, que fican fóra desta iniciativa”.
Medidas que non palían o sobreendebedamento das empresas
No tocante as medidas do Plan de Choque relativas ao financiamento empresarial, Carlos Aymerich critica que “só sexan medidas de carácter crediticio e non se contemplen outro tipo de axudas para paliar o sobreendebedamento que neste momento padece o noso tecido produtivo”.
Polo demais, rexeita que “o groso das axudas se concentre no sector do automóbil, botándose en falta medidas específicas para sectores estratéxicos como o naval ou o leite”.
Os 27,7 millóns de euros para dependencia xa foran xestionados polo Goberno Bipartito
Por último, o portavoz parlamentar do BNG aclara que os 27,7 millóns que o Goberno do PP anuncia como financiamento adicional en materia de dependencia “obedecen a unha transferencia de fondos estatais que xa fora xestionada polo Goberno Bipartito”.