Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia está a analizar o alcance, contido e repercusión do convenio para a entrada do Tren de Alta Velocidade a Santiago de Compostela, tanto no eido do urbanismo, como construtivo, xa que neste documento vese incrementada a edificabilidade da zona de maneira notable, con importantes implicacións na mobilidade. Con este análise búscase a mellor solución posible
Intención de acordo áxil
O Executivo galego ten a firme vontade de chegar a un acordo con axilidade, pero ve imprescindible estudar o documento co fin de que non aparezan problemas posteriormente que retrasen a chegada do AVE á capital galega.
Neste sentido, a principios deste mes a secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o director Xeral de Mobilidade mantiveron unha reunión co director de Patrimonio do Adif en Madrid para tratar este asunto. Nestes momentos, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, está a manter reunións, tanto con responsables do Ministerio de Fomento, como con membros do Goberno Municipal de Santiago de Compostela.