11 agosto 2009

Salón de Vinos y Aguardientes de Galicia promete cosas importantes

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, acudiu ao acto de inauguración do V Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, que tivo lugar este mediodía no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) de A Coruña, e na que se reuniron preto de 200 mostras dos viños das Denominacións de Orixe Galegas.

O acto comezou coa recepción de autoridades, entre as que cabe destacar a presenza do Teniente Alcalde de Relacións Institucionais do Concello de A Coruña, Carlos González-Garcés Santiso; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, Diego Calvo Pouso; os presidentes dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe de Rías Baixas -José Ramón Meiriño González-, de Ribeiro -Luis Anxo Rodríguez Vázquez-, Ribeira Sacra -José Manuel Rodríguez González-, de Monterrei -Antonio Ángel Méndez Atanes-, de Valdeorras -José Luis García Pando- e de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia -Evaristo Rodríguez López-. Tamén estiveron presentes os Presidentes da Asociación Galega de Sumilleres “Gallaecia”, Xurxo Rivas; Luis Paadín, da Asociación Galega de Catadores; José Manuel Martínez Juste, da Asociación Galega de Enólogos e Nemesio Barxa, da Irmandade dos Viños de Galicia.

A lectura do pregón correu a cargo de José Serrano Cuadrillo, delegado de España do Organismo Internacional de la Vid y del Vino (OIV) e un dos “pais” da posta en marcha das distintas Denominacións de Orixe en toda España e dos Comités de calificación. Esta edición ríndelle homenaxe a este inxeniero agrónomo, antigo Xefe de Sección de calidade de produtos da vide do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino do Goberno de España e coñecido no mundo do viño como Pepe Serrano.

Posteriormente, entregáronse os premios aos restaurantes con mellores cartas de Viños de cada unha das cinco Denominacións de Orixe de Galicia e da Específica de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A inauguración oficial contou coa intervención do Tenente de Alcalde de Relacións Institucionais de A Coruña e unhas verbas do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez.

Preto de 70 adegas
Coincidindo coas Festas de María Pita, a V edición do Salón dos Viños e Augardentes de Galicia achega preto de 60 adegas participantes neste certamen, contando con preto de 200 marcas de viños -tintos e brancos- das cinco Denominacións de Orixe de Galicia.