OURENSE (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abriu este sábado ao tráfico o treito Cea-Enlace coa Autovía das Rías Baixas da AG-53, co que esta autovía entre Santiago e Ourense quedará plenamente en servizo. O tramo que esta fin de semana entraría en servizo conecta directamente a AG-53 coa Autovía das Rías Baixas (A-52), que une Ourense con Vigo e coa Meseta. A apertura ao tráfico terá lugar ás 9 da mañá.
Coa posta en funcionamento deste tramo, complétase unha infraestrutura que ten un trazado total de 87 quilómetros e que é de titularidade estatal entre Santiago e Dozón (AP-53) e de titularidade da Xunta de Galicia entre Dozón e Ourense (AG-53). Concretamente, a Xunta de Galicia inviste un total de 178,9 millóns de euros na execución desta infraestrutura, que tamén inclúe o ramal do Carballiño e enlace de Maside, actualmente en execución.
O tramo Cea-Enlace coa A52 da autovía AG-53 está composto por 14,1 quilómetros, que se suman a 4,4 quilómetros de ramais de enlace e a outros 18,5 quilómetros de camiños de servizo. A execución deste tramo, que supuxo un investimento de 89,4 millóns de euros, incluíu a construción de seis viadutos, cinco pasos superiores, nove pasos inferiores, e un espazo reservado para a construción dunha área de servizo se se considera necesario.
Entre os viadutos, destacan dous de maior tamaño, un que transcorre sobre o río Miño (de 440 metros de lonxitude) e o que pasa sobre o río Barbantiño (de 780 metros). Ademais, están un paso sobre un gasoduto, un paso sobre a vía do ferrocarril convencional e o paso sobre a N-120 (onde se construíu un parque).
A AG-53 está construída en todos os seus tramos con sección tipo de dobre calzada, formada cada unha delas por dous carrís de 3,5 metros, un beiravía interior de 1 metro e un beiravía exterior de 2,5 metros. Ambas as dúas calzadas están separadas por unha única mediana de tres metros que inclúe unha barreira ríxida. Ademais, nesta sección existen camiños de servizo.
A parte autonómica da Autovía Santiago-Ourense abriu ao tráfico o seu primeiro tramo, entre Dozón e Cea en outubro de 2007. Este tramo, subdividido en tres subtramos, e que supuxo un investimento de 62,8 millóns de euros, transcorre por un total de 18,3 quilómetros, máis 2,9 quilómetros de ramais e 30,7 de camiños de servizo.
Nesta primeira parte construíuse ademais un enlace de Piñor, formado por 2,1 quilómetros de ramais e 2 quilómetros de camiños de servizo, no que se investiron 4,4 millóns de euros e que entrou en servizo o pasado mes de febreiro.
A autovía complétase co ramal do Carballiño e enlace de Maside, actualmente en construción, que terá un custo de 22,3 millóns de euros e que ten unha lonxitude de 5 quilómetros.
Desde a Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas quere agradecerse o esforzo realizado por todos os traballadores implicados na construción dunha infraestrutura de comunicación de importancia fundamental para o interior de Galicia e o seu desenvolvemento social e económico.