VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra porá á disposición dos gandeiros da provincia as instalacións de que dispón no Laboratorio de Mouriscade para que poidan realizar as analíticas de identificación de xermes causantes da mamite e análises químicas de ensilados (as máis demandadas), cunha bonificación do 100% sobre o prezo público vixente, o que supón unha axuda importante para paliar a crise da gandería da provincia.
Co obxectivo de que isto beneficie directamente ó gandeiro, e evitar que terceiros busquen o seu propio beneficio, o laboratorio efectuará un estrito control das mostras cos números CEA que posúe cada explotación, enviando a cada gandeiro uns códigos de barras que o identifiquen, que deberán pegarse ás mostras obxecto de análise, con elo evitamos que outras provincias se beneficien disto.
Os gandeiros da provincia poderán enviar as mostras ó laboratorio pola súa conta, a través das cooperativas da provincia ou de calquera outro servizo que considere, xa que así sempre o beneficio repercutirá no gandeiro, dinamizando e impulsando o sector.
Non son estas as únicas axudas que a Deputación ofrece ó sector da gandería, a pesca e a agricultura, o organismo provincial realiza unha importante labor de apoio e fomento do sector primario nestes tres ámbitos. A estes sectores destínanse axudas económicas específicas que cada exercicio se consignan nos orzamentos provinciais.
Durante o último ano, a institución provincial colaborou con máis de medio millón de euros na potenciación e desenvolvemento do sector hortícola e das cooperativas, sociedades agrarias e gandeiras e organizacións de produtores.
A finca de Mouriscade, pola súa parte, ven desenvolvendo dende a súa adquisición, diferentes liñas para a mellora gandeira da provincia de Pontevedra nos campos de explotación do vacuno de leite, cooperación coa axencia de desenvolvemento gandeiro, mantemento dos rabaños, de razas autóctonas, e mellora xenética da cabana gandeira, vía femia.