MADRID (MORRAZO-tribuna) .- En resposta a unha iniciativa do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, a ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa rexeitou esta tarde no Pleno Senado prohibir no Estado español o cultivo de transxénicos e amosou a postura favorábel do Goberno respeito aos Organismos Modificados Xenéticamente (OMX).
Pérez Bouza demandáballe á ministra que adoptase unha postura semellante a Franza, Italia, Austria, ou, máis recentemente, Alemaña, que prohibiron o cultivo nos seus territorios de plantas transxénicas, e en concreto da variedade de millo MON 810 da multinacional MONSANTO.
O senador do BNG advertíalle á ministra de que os cultivos transxénicos “provocan unha perda da biodiversidade, fan que a alimentación dependa dunhas poucas multinacionais e aínda non se sabe os efectos que teñen a medio prazo sobre o medio ambiente e a saúde humana”. Por iso, demandoulle que, “por un principio de precaución, o Estado español se acolla á cláusula de salvagarda e prohiba o cultivo de millo transxénico”.
Postura favorábel do Goberno de cara aos transxénicos
Sen embargo, a ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño deixou patente a postura favorábel do seu departamento cara este tipo de cultivos.
Empezou lembrando que “o marco regulador dos OMX é a Unión Europea que os autorizou dende 1998 en base ás avaliacións científicas da Axencia Europea de Seguridade Alimentar, que elabora un informe preliminar sobre cada organismo, que é sometido a información pública e ao que poden presentar alegacións tanto os Estados como os cidadáns”.
Subliñou que “o catálogo dos organismos modificados xenéticamente é moito máis amplo que o marco agrario, utilizándose no ámbito da saúde, como por exemplo na produción de insulina”.
Defendeu o cultivo de millo transxénico no Estado español –máis de 79.000 hectáreas en 2007, a maior superficie da UE- alegando que “a produción de cereais no Estado é insuficiente para alimentar a nosa cabana gandeira, o que nos obriga a importar cereais de Arxentina, Brasil ou Estados Unidos, países que cultivan organismos modificados xenéticamente”.
Engadiu que os OXM que se cultivan no Estado “están autorizados pola Axencia Europea de Seguridade Alimentar, e polo tanto o Goberno terá en conta sempre os informes científicos” e concluíu asegurando que “unha decisión do Goberno noutro sentido –prohibindo estes cultivos- sería contraria á normativo comunitaria sobre OXM e exporíanos a ser sancionados pola Unión Europea”.
“O Goberno pode e debe prohibir o cultivo de transxénicos”
Na súa réplica, o senador do BNG lembroulle a Elena Espinosa que “o Estado español si se pode acoller á cláusula de salvagarda, ao igual que xa fixeron 9 estados da UE e prohibir este tipo de cultivos”.
Pérez Bouza subliñou que “o rexeitamento a este tipo de cultivos é case unánime, mesmo por parte de parlamentos como o de Galiza e moitos concellos que aprobaron iniciativas rexeitando que nos seus territorios se cultiven organismos modificados xenéticamente”.
Por último, o senador nacionalista advertiulle á ministra que “fomentar ou permitir o cultivo de transxénicos é claudicar perante unhas poucas multinacionais que o único que buscan é controlar nun futuro próximo a totalidade do ciclo produtivo agrícola”.