VIGO(MORRAZO-tribuna) .-Este sábado, 25 de abril, no Centro Cultural de Valladares, a partir das 17 horas, comezarán a disputarse os II Concursos Zonais de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra, que este ano dividiranse en dúas xornadas.
A primeira delas, que terá lugar o sábado, servirá para por en escena ás seccións terceira e segunda, quedando o programa establecido como sigue:
En sección terceira, participarán a Banda Escola de Música da UVCD de Candeán, que dirixe Ángel Antonio Montes Abalde, interpretando “Festa na Tolda”, de Gustavo Freire, e “Lord Tullamore”, de Carl Wittrock; a Banda de Música “Las delicias de Caeiro”, dirixida por Jesús Bugarín Correa, participará coas obras “Ruska”, de Felisindo Pérez Seara, e “Cádiz”, Selección Acto 1º da zarzuela de Chueca e Valverde, e a Agrupación Musical Lira, de San Miguel de Oia, dirixida por Javier González Lamas, que concursa coas pezas “Tres imaxes de Mudga”, de David Fiuza Souto e “Conde de Montecristo”, de Otto M. Schwarz. O Ateneo Musical de Bembrive, pola súa banda, dirixido por Marcos García Barrio, participa con “Gaudila”, de Andrés Álvarez, e “Fate of the Gods”, de Steven Reineke.
En sección segunda, concorren a Unión Musical de Coruxo, dirixida por Manuel García Medraño, con “La leyenda del beso”, de Soutullo e Vert, e “Danzas fantásticas” III.- Orgía, de Joaquín Turina; a Unión Musical de Cabral, baixo a batuta de Julio Álvarez Pereiro, interpreta “Cavaleiros de Santiago”, de José Luis Represas, e “Pilatus: Mountain of Dragons”, de Steven Reineke.
Programa do domingo
O domingo, 26 de abril, concorrerán, a partir das 17:00 horas da tarde, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, baixo a batuta de Enrique Lorenzo Vila, “Fantasía en Do”, de David Fiuza, e “Poème Montgnard”, de Jan Van der Roost; a Unión Musical de Valladares, dirixida por José Iglesias Ramilo, participará con “Tres imaxes de Mudga”, de David Fiuza, e “Dance movements”, de Philip Sparke, e a Banda Escola de Música de Beade, dirixida por Luis Alberto González Amosa, que interpretará as obras “Gallaecia”, de José Bugallo, e “Credentium”, de Jan Van der Roost.
Como agrupación invitada, participará o ensemble de saxofóns do Conservatorio Superior das Illas Baleares.
O xurado, que estará composto por cinco personalidades do mundo da música, valorará, de 0 a 10, aspectos como a afinación, a sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), a interpretación e a técnica en cada unha das dúas obras.
As bandas participantes recibirán, por participar, 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira. A Deputación concederá en cada sección e por cada zona un primeiro premio de 2.000 euros na sección primeira, de 1.750 na segunda e de 1.500 na sección terceira.