PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O Pleno ordinario que se celebrará este xoves, 30 de abril, tratará iniciativas do BNG sobre temas de actualidade, como a construcción da rotonda de Canedo que ocasiona graves problemas de inseguridade vial aos veciños/as de Canedo e San Vicente.
- Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, manifestou que solicitarán explicacións ao Concelleiro de Vías e Obras e ao Alcalde sobre as xestións que fixo o Goberno Municipal ante o Ministerio de Fomento para desbloquear o proceso de construcción da rotonda de Canedo.
Tamén se abordará no Pleno deste xoves, unha iniciativa do BNG sobre a RTMP(Canal Tea), instanto ao Alcalde así como ao Concelleiro de Novas tecnoloxías, Alberto Novoa, a restrasmisión pola Televisión Municipal dos plenos e a realización de debates semanais sobre a actualidade política local, con presenza de representantes de todas as forzas políticas da Coorporación.
González, lembra que tanto Salvador G. Solla como Alberto Novoa apoiaron no seu día esta misma proposta, incluída no regulamento da RTMP, aprobado en pleno e que agora se negan a cumprir. ”É lamentábel o comportamento do Alcalde e do concelleiro de Novas Tecnoloxías, incumprindo a proposición que no seu día asinaron, utilizando de maneira partidista a RTMP, que se financia so cartos de todos os ponteareas, como si fose a televisión do Partido Popular”, manifestou o nacionalista.
A proposta do BNG tamén se tratará sobre o peche da Escola unitaria de San Mateo, que atende a nenos de 3 a 5 anos desta parroquia e que a Consellaría de Educación pretende pechar no vindeiro curso. Os nacionalistas apoian a continuidade desta unidade educativa que garante o ensino dos máis pequenos no seu medio máis próximo, evitando desprazamentos e a sua escolarización en centros que xa están masificados, considerando que esta medida non ofrece ningunha ventaxa de mellora na calidade do ensino.
Os nacionalistas tamén requerirán do alcalde Salvador G. Solla, a convocatoria urxente da comisión de seguimento da A-57. Bolívar González critica a desidia do alcalde e do goberno municipal do PP sobre esta obra, incumprindo un acordo plenario e sin facilitar información aos veciños das parrqoquias afectadas; Padróns, Ribadetea e Xinzo para evitar que se repita o que sucedeu con motivo da construcción da A-52, “agora é cando procede valorar o impacto que a infraestructura vai ter non noso concello, tanto nas zonas habitadas como nos manantiais, plantacións e vías de comunicación para actuar de maneira dilixente e reponsábel”, manifestou González