VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O BNG ven de presentar no Congreso dos Deputados unha proposición de lei para que se remate coa situación de discriminación que padecen os traballadores autónomos tanto á hora de percibir unha prestación por incapacidade laboral como nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila consideran que a Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo, necesita reformas para rematar con situacións discriminatorias cara a este importante colectivo de traballadores.
Así, mentres que os traballadores autónomos dependentes, aqueles que desenvolven a súa actividade con gran dependencia económica do empresario ou cliente que os contrata, teñen recoñecida a cobertura por incapacidade temporal, por enfermidades profesionais ou por accidentes de traballo in itinere o resto dos traballadores e traballadoras autónomas carecen destes dereitos.
Por iso, a iniciativa dos deputados nacionalistas reclama que a Seguridade Social cubra a todos os traballadores autónomos en caso de incapacidade temporal, accidentes de traballo ou por enfermidades profesionais.
Cotizacións á Seguridade Social en caso de Incapacidade Laboral Temporal
O BNG tamén considera necesario mellorar as condicións que se establecen para a cotización á Seguridade Social dos autónomos en caso de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, incapacidade permanente, lactancia ou paternidade.
Os deputados nacionalistas lembran que nestas situacións “os traballadores e traballadoras suspenden os seus ingresos polo seu traballo, pero sen embargo teñen que continuar cotizando co mesmo nivel á Seguridade Social”, unha situación inxusta.
Por iso demandan na súa iniciativa que “atendendo á singularidade da persoa traballadora autónoma ou autónoma dependente, cando esta se atope en situación de baixa e que por motivo do cese da súa actividade deixe de percibir ingresos económicos, terá dereito a unha reducción da súa cotización á Seguridade Social”.
Exención das cotizacións para os autónomos que ingresen menos do 75% do SIM
Por último, a iniciativa do BNG demándalle ao Goberno que apoie aos autónomos e autónomas cuns baixos niveis de ingresos. “Dende o noso punto de vista –aseguran os deputados nacionalistas- , e sobre todo en tempos de crise como os que estamos a vivir, é necesario contemplar diferentes posibilidades de cotización de tal xeito que os excesivos gastos que ten que afrontar unha persoa traballadora autónoma con poucos ingresos económicos, lle obrigue a suspender a súa actividade e a pasar a engrosar as listas do paro”.
Por iso, o BNG demanda que, para aqueles autónomos que exerzan a súa actividade a tempo parcial, a obriga de cotizar á Seguridade Social se estableza cando se acade o 75% do Salario Mínimo Interprofesional establecido e que en ningún caso a base de cotización poida ser superior aos ingresos reais.
Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera demandan que estas modificacións sexan aprobadas polo Goberno a través dun regulamento nun prazo non superior a un ano.