VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Os medios de vixilancia da gripe porcina postos en marcha pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia permitiron identificar un posible caso de afección por este cadro gripal na nosa comunidade.
O caso corresponde a un varón de mediana idade, residente na provincia de Pontevedra, e que regresou de México tras unha viaxe de varios días a aquel país. Despois de terse constatado que presentaba síntomas compatibles cun proceso gripal, estanse a aplicar as medidas protocolarias de illamento e de obtención de mostras para a súa análise.
Compre salientar que a súa situación clínica non reviste gravidade.
Os servizo sanitarios de Galicia continúan co seguimento coordinado e pormenorizado da situación coa fin de que, de detectarse outros posibles casos, actuar con rapidez seguindo o mesmo procedemento.
Esta alerta é consecuencia da alta sensibilidade do sistema posto en marcha pola rede de vixilancia e control epidemiolóxico de Saúde Pública.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asiste esta tarde á sesión plenaria do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que, por indicación da Ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, se adianta á tarde de hoxe, e na que se tratará a situación creada pola gripe de orixe porcina con transmisión a seres humanos.
Á súa vez, a Consellería de Sanidade dispón do teléfono de información 902 400 116 co fin de clarexar calquera dúbida coa gripe porcina.