COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que nos 100 primeiros días de Goberno elevará ao Parlamento galego o Proxecto de Lei para rebaixar o 50 por cen do imposto de transmisións patrimoniais e o imposto de actos xurídicos documentados, “en beneficio –subliñou-, das familias numerosas e dos menores de 35 anos para adquirir a súa primeira vivenda”. “Ese é un compromiso que imos asumir nos 100 primeiros días”, aseverou o máximo mandatario autonómico na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, celebrado esta mañá no Pazo de Raxoi.
Así mesmo, explicou que existen máis compromisos fiscais que se refiren ao imposto da renda e ao imposto de sucesións e doazóns, compromisos que, segundo avanzou, tamén serán acometidos “ao longo da lexislatura, en función dos ingresos da comunidade, do novo sistema de financiamento da Comunidade Autónoma e en función do crecemento económico”. “Pero o que si está claro é que dos tres compromisos fiscais, o primeiro deles o imos acometer nos primeiros cen días de Goberno”, concluíu ao respecto.
Paliar “en parte” o retraso da Alta Velocidade
O presidente galego lamentou, tamén, o retraso na chegada da Alta Velocidade a Galicia que suporá o cambio de trazado confirmado por Fomento, e anunciou que lle solicitará ao ministro que, no treito afectado entre Lubián e Ourense, se licite conxuntamente proxecto e obra para “paliar en parte este retraso”. “Imos intentar solucionar o retraso provocado polo Goberno socialista en Madrid e espero e desexo que se faga caso á proposta da Comunidade Autónoma, que consiste en licitar proxecto e obra conxuntamente e gañar algúns prazos a todo o que levamos perdido na execución do tren de Alta Velocidade de Galicia á Meseta”, remarcou Núñez Feijóo.
“Durante cinco anos tiveron moitísimo tempo para estudar o trazado do AVE, durante cinco anos o que nos dixeron onte podíanolo ter dito”, remarcou o presidente da Xunta, quen destacou que o Goberno socialista en Madrid e o bipartito na Comunidade Autónoma “ocultaron a verdade a Galicia”. “Hoxe o único que podemos confirmar é que nos dan aínda máis motivos para pensar que isto se sabía. E a sabendas se estivo pospoñendo as datas do tren de Alta Velocidade, e a sabendas se estivo retrasando o comezo do tren de Alta Velocidade”, asegurou.
A bilateralidade, unha mala fórmula
Con respecto ás negociacións sobre o financiamento autonómico, o presidente da Xunta considerou que a bilateralidade é “unha mala fórmula” para Galicia e para o desenvolvemento harmónico do Estado posto que, segundo expuxo, “supón acordar entre dous o que é de todos” e esa fórmula, reiterou, “é mala para Galicia e é mala para o conxunto das comunidades autónomas”.
Núñez Feijóo destacou que “o financiamento autonómico non é do Goberno, é do Estado” e polo tanto, incidiu, “ningún Goberno unilateralmente pode reunirse con ningún outro Goberno dunha comunidade para pactar os principios do financiamento e o diñeiro do financiamento”.
“Creo que non se está empezando ben no financiamento das comunidades autónomas porque se está confundindo o Goberno co Estado, e esa é unha confusión perigosa”, observou o presidente, que se amosou partidario de que ten que ser o Goberno quen pacte entre todos o modelo de financiamento e as contías que lle corresponden a cada comunidade .
O máximo mandatario autonómico adiantou que onte comunicou ao portavoz do Grupo Parlamentario popular a súa intención de celebrar unha reunión entre as tres forzas parlamentarias de Galicia para intentar “consensuar” a proposta que lle será trasladada ao presidente do Goberno de España na primeira reunión que o titular da Xunta manteña con el, coa vicepresidenta económica, Elena Salgado, e co vicepresidente terceiro do Goberno, Manuel Chaves.
“Eu espero e desexo que levemos unha proposta conxunta dos grupos parlamentarios ao Goberno para que se teña en conta que o que fala aquí é toda Galicia”, recalcou Feijóo, quen insistiu en que “non podemos, en ningún caso, asumir os principios e as contías pactadas con Cataluña que automaticamente obrigan ao Goberno galego a asumir principios e acordos nos que non participa e Galicia”. A nosa comunidade, proseguiu, “merece o mesmo trato que as comunidades autónomas e o mesmo trato que o goberno socialista de Cataluña.