PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra participará na organización dos actos conmemorativos do bicentenario da Guerra da Independencia. As actividades previstas foron presentadas nas ruínas de Santo Domingo polo vicepresidente, José Juan Durán, representantes da Asociación Heroes de Pontesampaio, e da Asociación Provincial pro bicentenario da Guerra da Independencia.
- Os actos terán lugar os días 7 e 8 de xuño. O día 7 celebrarase en Pontevedra unha ofrenda floral ós pes da estatua dos Heroes de Pontesampaio e entregarase unha placa conmemorativa do 200 aniversario. O día 8, en Pontesampaio, terá lugar a recreación da batalla.
Segundo informou Durán, a Deputación de Pontevedra participará ofertando distintos actos ós concellos que tiveron implicación na contenda.
Levará a cabo exposicións no Museo de Pontevedra, en colaboración coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais. Así mesmo, unha exposición itinerante dos Desastres da Guerra, de Goya e unha exposición itinerante de Cartografía antiga da provincia.
Pola súa banda, o Servizo de Publicacións da Deputación editará tres libros de temática relacionada coa Guerra da Independencia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá tamén un curso específico con motivo da celebración.
Por último, informou Durán, publicarase un cómic sobre a incidencia do fito histórico na provincia con motivo do bicentenario.