VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno español que adopte as medidas necesarias para que a flota foránea que faena nas augas do Estado español tamén respeite o descanso de fin de semana.
En concreto, a proposición non de lei da deputada do BNG insta ao Goberno a “adoptar as medidas necesarias para que a flota foránea cumpra co horario de traballo das confrarías de Galiza, Asturias, Cantabria e parte do País Vasco, comunidades nas que existe un descanso de 48 horas continuadas durante a fin de semana”.
Ademais, Olaia Fernández Davila demanda ao Goberno que “traballe no seo da Unión Europea para que haxa unha harmonización das lexislacións de tal forma que se manteñan días de descanso, imprescindíbeis para a reducción do esforzo pesqueiro e a recuperación dos caladoiros, nas augas dos Estados membros”.
“A situación actual é discriminatoria e unha fonte de conflitos”
A deputada do BNG considera que a situación actual, “tal e como denunciou o sector pesqueiro a través da Carta de Cedeira, é inxusta xa que a lexislación comunitaria permite á flota foránea faenar no caladoiro do Cantábrico Noroeste sen ningún tipo de límite temporal, mentres que a flota estatal, en cumprimento da lexislación española, si que realiza un descanso de 48 horas a fin de semana”.
Davila considera que este desigualdade, “ademais de non respeitar as paradas biolóxicas, xera tensión entre as flotas xa que cando os pescadores locais chegan os luns ás súas zonas de pesca atópanse con que están ocupadas, incumprindo a norma de que o que hoxe está nun sitio teno reservado para o día seguinte”.