AS NEVES/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, inauguraron esta mañá co alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, e os alcaldes de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra, ademais da deputada Marta Valcárcel, a E.P. 4202 Rubiós-Carrasqueira, en Taboexa, onde o organismo provincial levou a cabo as obras de mellora por importe total de 1.255.650 euros.
Louzán explicou que a actuación levada a cabo na estrada provincial consistiu na construción dunha sección transversal de dous carrís de 3,50 metros de ancho cada un e arcéns de 1 metro a ambos lados da calzada principal. Isto supón unha plataforma de 9 metros.
Construíronse, tamén neste viario, muros de mamposteiría e formigón armado e procedeuse á renovación da drenaxe lonxitudinal e transversal. Ademais, pavimentouse con firme de grava y dobre capa de mestura asfáltica, ademais de proceder á súa sinalización e balizamento.
Neste senso, o presidente salientou a importancia da mellora deste vial “tan demandada polos veciños” e anunciou a aprobación da construción dunha nova rotonda, moi necesaria, en Tortoreos”.
Raúl Emilio Castro, pola súa banda destacou “a axuda, indispensable, que a Deputación nos brinda co seu apoio permanente, xa que, sen ela, moi poucas obras serían posibles”, ó tempo que remarcou “o importante papel” do organismo provincial “non só na construción e mellora de viais, senón no eido do abastecemento, do saneamento, ou das infraestruturas deportivas”.
Reprodución de Mercurio
Por outra banda, a visita do presidente provincial ó concello de As Neves comezou co descubrimento dunha reprodución en granito dun Mercurio, escultura do deus romano, que foi instalada na rotonda próxima ó lugar de Taboexa.
A peza orixinal, actualmente en custodia do Museo de Pontevedra, era de bronce e foi atopada no Castro próximo a este lugar. Louzán salientou que “quixemos, a través da Escola de Canteiros, instalar aquí unha reprodución, ampliada en 110 veces o seu tamaño orixinal, para termos presente ó valor etnográfico desta zona privilexiada”.