A GUARDA / COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no Parlamento galego, por medio do deputado Bieito Lobeira, na que insta ao Goberno galego que adopte medidas que impidan a instalación de parques eólicos mariños no litoral galego.
O Goberno español vén de aprobar o denominado “Estudo Estratéxico Ambiental” do litoral co obxecto de definir as zonas aptas para a instalación de parques eólicos mariños.
Segundo este estudo, as zonas do noso litoral, como a costa de Oia até a Guarda ou a costa oriental da comarca da Mariña, resultan “aptas” para a instalación destas infraestruturas. Sendo o resto do litoral galego cualificado como “zonas aptas con condicionantes”.
As zonas escollidas polo Goberno español coinciden con importantes bancos pesqueiros, marisqueiros e percebeiros. O impacto produtivo e ambiental sería brutal inasumíbel. Tamén no tocante á navegación marítima e á súa seguranza.
Neste mesmo senso, o portavoz municipal do BNG na Guarda, Xan Lois Lomba, vén de presentar unha moción para ser discutida en pleno, tendo en conta que unha das zonas consideradas “aptas” para a instalación de parques eólicos mariños é a costa que vai dende Oia até a Guarda, afectando directamente ao sector pesqueiro guardés que traballa á diario nestas augas, que vería seriamente afectada a súa actividade laboral con consecuencias desastrosas.