PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas anuncia que o Pleno do presente mes de abril, a celebrar o xoves 30, ás 8 da tarde, tratará unha moción dos nacionalistas na que pedirán explicacións ao Alcalde, Salvador G. Solla e ao Concelleiro de Vías e Obras, Alberto Novoa sobre as xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento para desbloquear a construcción da rotonda de Canedo, e así, acabar dunha vez por todas cós problemas de inseguridade viaria que ocasiona.
Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG de Ponteareas, culpou ao Goberno Municipal do PP e ao Ministerio de Fomento por non ser capaces de solucionar os problemas dunha obra contratada fai máis de tres anos, na que o único se fixo neste tempo foron aterramentos provocando aínda máis problemas nos viais, no regato aterrado e nos servizos municipais que discurren por esa zona.
O nacionalista considera que “o vergonzoso espectáculo dado en relación con esta rotonda pon de manifesto a incompetencia e a desidia, en canto as infraestruturas que Ponteareas precisa, tanto do PP e do alcalde González Solla desde o concello, como do PSOE desde o Ministerio de Fomento”. O BNG considera que esta actuación, non só é necesaria para os veciños de Canedo e San Vicente, que son os grandes prexudicados por causa desta “incapacidade política”, senón que afecta a milleiros de veciños que utilizan a diario este tramo da N-120 e que ven como sigue sin resolverse un importante problema de seguridade vial.
Os nacionalistas lamentan que Fomento tarde máis de 3 anos en facer a rotonda, retraso que non pode xustificarse con modificacións do proxecto nin con modficacións do contrato coa empresa que executa as obras.
Por último Bolívar González achacou “a falta de personalidade, o nulo peso político de González Solla, que desde o concello non é capaz de obrigar a Fomento a realizar a obra” recordando que a súa única acción foi anuciar en novembro de 2007 que a obra íase facer en “tempo record”. Ano e medio despois estamos en piores condicións.