VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Traballo e Benestar ponse a disposición de traballadores e equipo directivo de Caramelo para acadar unha solución que garanta ao máximo posible os postos de traballo actuais na factoría textil.
Así llo trasladou hoxe o director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, á dirección e aos mebros do comité de empresa cos que se reuniu hoxe en dous encontros bilaterais que tiveron lugar en Santiago, coa directiva esta mañá e cos representantes dos traballadores esta tarde.
No encontro cos portavoces da plantilla, Odilo Martiñá ofreceu a colaboración da Consellería e comprometeuse a realizar un seguimento das negociacións que empresa e sindicatos manterán a partir do próximo martes, día fixado pola empresa para o inicio das negociacións.
Neste sentido, Martiñá solicitou información da situación a ambas partes coas que, indicou, manterá contacto nos próximos días.
Así mesmo, en resposta á petición de mediación por parte da Xunta, indicou que poderá ser a Inspección de Traballo ou o a través do Consello Galego de Relacións Laborais os que levasen esta mediación.