BRUSELAS (MORRAZO-tribuna) .- Ana Miranda, que comezou esta semana en Bruxelas a súa axenda como candidata nacionalista ao Parlamento Europeo ven de manter unha reunión de traballo con dous partidos socios da ALE, en concreto con Ian Hugdton, eurodeputado e presidente do Scottish National Party (SNP), partido que preside o goberno autónomo de Escocia, e con Nelly Maes, do partido flamenco Sociaal Liberale Partij, do que é cabeza de lista á eurocámara e presidenta da ALE.
As forzas políticas reunidas aseguran que "a Europa monolítica dos Estados non nos serve xa para defender o benestar da cidadania galega e europea, nen está a promover políticas progresistas para mellorar as condicións sociais e a calidade de vida para conseguir unha distribución máis xusta da riqueza, nen un entorno limpo e enerxéticamente independente".
As tres formacións políticas comparten unha actitude crítica coa forma en que se está administrando a Unión Europea, “que deberia estar ao servizo das persoas e das nacións e non dos Estados e ser máis democrática e descentralizada, especialmente nest e período de crise”.
A cabeza de lista do BNG asegura que “a nosa presenza darialle a Galiza voz e voto nas problemáticas que lle afectan, como neste momento a intensa crise do sector lácteo galego”. Miranda salientou que “neste momento, o sectores da industria e dos servizos están afectados tamén pola crise económica, e desde a nosa presenza nas institucións comunitarias tentaremos facer presión en favor de Galiza con todos os nosos recursos”.
Directiva das 65 horas
Nesa liña, Ana Miranda sinalou a importancia da toma de posición do grupo da Alianza Libre Europea-Verdes no Parlamento Europeo, contribuíndo a paralizar no comité de conciliación a directiva de tempo de traballo das 65 horas. “É nesa liña progresista e democrática na que traballaremos, impedindo que se rebaixen en Europa as conquistas sociais dos traballadores”, dixo.
Ana Miranda afirmou tamén que “non podemos agardar que o Estado español fale por Galiza, porque non o fixo nunca, asi que teremos que loitar por ter representación no Parlamento Europeo novamente, para traballar incansabelmente polos nosos dereitos nacionais e por presentarmos alternativas de carácter social contra a crise”.
Miranda recebeu o apoio persoal do Presidente do SNP e de Nelly Maes, quen sinalaron a importancia de que Galiza recupera a súa presenza na Cámara Europea.