29 abril 2009

Convocatoria do Concello da Guarda

Campamento inglés para rapaces de 10-15 anos
-A OMIX do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza nos Campamentos de inglés english Summer Camp 2009 da Deputación de Pontevedra.

-Desenvolverase en 4 quendas na Cidade Infantil Príncipe Felipe:

1ª quenda: do 21 ao 29 de xullo.
2ª quenda: do 30 de xullo ao 7 de agosto.
3ª quenda: do 8 ao 16 de agosto.
4ª quenda: do 17 ao 25 de agosto.

DESTINATARIOS
Para rapaces e rapazas de 10 a 15 anos.
Cada quenda terá una duración de 9 días, en ela participarán 150
rapaces, dos que 80 estarán en réxime interno e 70 serán externos.
No caso de ser maior a demanda cá oferta procederase a un sorteo
público no que se dá certa autonomía á entidade organizadora dos
grupos para aqueles casos nos que fose preciso (diferencia de idades,
distribución de habitacións, etc)

PRAZO DE INSCRICIÓNS: Ata o 30 de maio de 2009.

PREZO:

•Os internos: 120 euros os 9 días (pensión completa).
•Os externos: 75 euros os 9 días (xantar e merenda).


Para inscrición e/ou información dirixirse a OMIX do Concello ou chamar ó 986614546