29 abril 2009

Deputación cumplió lo anunciado : contrató 170 parados para que trabajen en concellos de la provincia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .Esta iniciativa complementarase con outro plan de Limpeza de Praias e Espazos Naturais que posibilitará a contratación de 150 persoas máis
- CENTO SETENTA DESEMPREGADOS FORMALIZAN OS SEUS CONTRATOS NA DEPUTACIÓN PARA TRABALLAR DURANTE SEIS MESES EN CONCELLOS DA PROVINCIA
Cento setenta desempregados da provincia de Pontevedra formalizaron hoxe na Deputación os seus contratos para traballar durante seis meses en concellos de menos de 10.000 habitantes. Estas persoas iniciarán a súa actividade entre o un de maio e o 31 de outubro de 2009.
Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, enmárcase no Plan de Emprego aprobado pola Deputación Provincial co fin de mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados.
O presidente da institución, Rafael Louzán, aproveitou a convocatoria para xuntarse con eles e desexarlles sorte nesta andaina profesional. Así mesmo, apelou á responsabilidade dos traballadores para que “cumpran debidamente os seus horarios e entre todos facer un ben á sociedade”.
Os 170 traballadores seleccionáronse entre un total de 3.150 aspirantes. Á hora de elixir ós candidatos valoráronse aspectos como os coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto de traballo ofertado; a experiencia profesional; a proximidade xeográfica ó lugar de traballo; a dispoñibilidade horaria; o tempo de permanencia en desemprego e a situación familiar. O tribunal seleccionador estivo composto por funcionarios e sindicatos da institución.
As condicións laborais deste persoal réxese polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores.
Así, a xornada a tempo completo será de 37,50 horas semanais (7 horas e 30 minutos/día) e a xornada a tempo parcial de 18,75 horas (3 horas e 45 minutos/día). O horario de traballo será determinado por cada concello.
Con respecto á retribución económica, os salarios dun Peón-Operario será de 1.286,09 euros brutos se traballa a xornada completa e de 643,05 euros se está a media xornada. Pola súa banda, a prestación económica dos auxiliares será de 1.437,05 euros brutos se traballa a xornada completa e de 718,53 euros se traballa a media xornadas. O período vacacional será en todos os casos de 11 días.