MADRID(MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle propón ao Goberno que sexa un organismo público, con participación das Comunidades Autónomas, o que se encarga de recadar e xestionar o canon dixital e o canon por dereitos de propiedade intelectual. Para o senador un órgano común e de carácter público “garantiría unha maior transparencia e beneficio social da propiedade intelectual”.
Informes do Goberno e os consumidores demandan que sexa un organismo público
Neste sentido, o parlamentario do BNG recorda que o Consello de Consumidores e Usuarios “propuxo en 2008 a posibilidade de crear unha entidade pública de xestión e recadación ao tempo que criticaba que as compensacións por copia privada ou os seus axustes quedaban en mans das industrias e das entidades de xestión, sen que os consumidores puidesen participar na súa determinación e control”.
Na mesma liña se pronuncia un recente informe da Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas (AEVAL) sobre o funcionamento das entidades de xestión e recadación dos dereitos de autor.
En concreto, AEVAL, que depende do Ministerio de Administracións Públicas, defende unha maior regulación pública sobre aspectos que actualmente deciden de xeito unilateral as entidades de xestión como a prescrición dos dereitos non identificados; o reparto asimétrico nas cargas de dereitos; a fixación unilateral das tarifas polos órganos de gobernos ou o sistema de reparto dos fondos asistenciais de promoción e formación, que o informe de AEVAL asegura que “o destino é moi variado, e ao non existir regulamentación ao respecto, depende das decisións dos órganos de goberno das entidades”.
Por parte da Unión Europea non habería impedimentos para crear este órgano común
A este respeito, o informe recomenda ao Goberno, entre outras medidas, “plantexar a eficacia dun órgano común de recadación para aproveitar as economías de escala, ao menos no referente á remuneración por copia privada”.
Engade ademais que non está previsto que a Unión Europea regule a curto prazo o modelo de xestión dos dereitos colectivos de propiedade intelectual por medio de entidades de xestión, polo que conclúe que “en principio, non existen inconvenientes para facer as reformas que o lexislador español considere oportunas”.