COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, acusa ao presidente do Goberno central, Rodríguez Zapatero, de inventar “escusas de mal pagador para seguir enganando a Galicia e tratar de xustificar agora, a través do ministro de Fomento, un novo retraso das obras do AVE entre Ourense e Lubián”.
A xuízo do portavoz parlamentario dos populares galegos, cinco anos despois de que o PSOE asumise plenas responsabilidades de Goberno no Executivo central, non é de recibo que o flamante ministro de Fomento trate de responsabilizar dos novos retrasos aos gobernos do PP en Madrid.
“Só alguén con mala conciencia e peores intencións pode ter a ousadía de efectuar semellantes afirmacións”, asevera Ruiz Rivas, que acusa ao PSOE estatal e galego de ser o responsable da aldraxe que condena a Galicia a converterse na derradeira Comunidade Autónoma española en ter conexión de alta velocidade ferroviaria coa Meseta.
Para Ruiz Rivas, a razón última da sucesión de declaracións contraditorias de José Blanco hai que buscalas na ausencia das dotacións presupostarias necesarias no Ministerio de Fomento para financiar o AVE galego.
“É unha mágoa que Zapatero non aproveitara a visita efectuada hoxe a Galicia para dicir a verdade e admitir que o seu Goberno non ten cartos para o AVE galego porque él e o seu equipo pretenden primar a Cataluña no reparto da tarta do financiamento”, conclúe Ruiz Rivas.