Existe unha total falta de sensibilidade en VIGO cos colectivos que desde o asociacionismo traballan pola cidadanía
- O peche de Alecrín pon de manifesto o escaso apoio que están a recibir os colectivos que traballan nesta cidade
Unha cidade tan viva a nivel asociativo como Vigo non pode permitir que desapareza nin un só dos colectivos que traballan en beneficio da cidadanía. Nos últimos anos estamos asistindo ao debilitamento do tecido asociativo que é a base sobre a que se contrúe calquera sociedade civil organizada, xa que representa a participación da cidadanía mesma na resolución dos seus problemas.
Queremos poñer de manifesto a hipocresía que existe nesta cidade cando por unha banda se nos fala da importancia do voluntariado e do asociacionismo, da necesidade de potencialos e de brindarlles o máximo apoio para logo deixalos morrer. Existe sen dúbida un doble raseiro difícil de comprender a menos se pretenda crear un voluntariado e asociacionismo dirixidos que sería atentar contra a natureza mesma deste xeito de participación que é a pluralidade.
Resulta intolerable que ante o anuncio desesperado dun colectivo social que traballa para axudar a un sector tan sensible como as mulleres maltratadas, as administracións se limiten a gardar silencio. Como é posible que ningunha administración teña unha mínima sensibilidade? Como é que ninguén ten nada que dicir cando está en perigo o traballo de toda unha vida volcado na axuda ás mulleres maltratadas e vítimas da violencia?
Esta Federación Veciñal lembra que o deber dos nosos gobernantes a todos os niveis é o de brindar sempre o máximo apoio a aquelas organizacións cidadás que traballan desde a base as problemáticas sociais. Eles teñen nas súas mans a grande responsabilidade de manter e fortalecer este tecido asociativo no que asenta a sociedade civil organizada.
29.04.2009 FEDERACION DE ASOCIACIONS DE VECIÑOS EDUARDO CHAO