VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- De acordo cos datos proporcionados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, informa que ata o momento non hai constancia de ningún caso sospeitoso de gripe porcina en humanos en Galicia.
A Consellería de Sanidade está a participar nas reunións programadas desde o Ministerio de Sanidade e Política Social e mantén un contacto permanente con este departamento e o resto de Comunidades Autónomas sobre a situación dos posibles casos detectados de gripe porcina en España e sobre a situación en México e Estados Unidos. As administracións están a traballar en coordinación para coñecer en detalle a situación e ir actualizando as informacións que se vaian producindo tanto nos posibles casos de España coma no resto de países, así como facer un seguimento dos resultados e establecer as medidas oportunas e coordinadas que a Organización Mundial da Saúde poida recomendar no caso de ser necesario.
Polo de agora, as medidas adoptadas son as correspondentes á fase tres, das seis previstas no Protocolo Internacional de Seguimento da Pandemia de Gripe, e que consisten en incrementar as medidas de vixilancia nos centros sanitarios. Neste senso, a Consellería de Sanidade procedeu a comunicar os protocolos pertinentes ás xerencias de Atención Primaria e Especializada.
A Consellería de Sanidade tamén procedeu a informar na súa web dos comunicados informativos remitidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e polo Ministerio de Sanidade e Política Social. Todos os cidadán interesados, así como os profesionais do sistema sanitario galego poden ter acceso a toda esta información a través dos seguintes enlaces:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62512
http://www.msc.es/gabinetePrensa/notaPrensa/desarrolloNotaPrensa.jsp?id=1469
http://new.paho.org/hq/index.php?option=com_content&task=view&id=1259&Itemid=1〈=es