MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que regule a dación en pago de tal forma que, tal e como ocorre noutros países, cando unha persoa que non poda pagar a hipoteca da súa vivenda a entrega da mesma sexa suficiente para que a débeda quede cancelada.
Pérez Bouza denuncia que “na situación actual son moitas as familias embargadas polos bancos que non só perden a súa vivenda senón que, teñen que responder cos seus propios bens para pagar o que adebedan da hipoteca”.
E é que coa actual lexislación, ante o impago dunha hipoteca o banco inicia un procedemento executivo para vender a vivenda e recuperar así a cantidade pendente de cobro. O proceso sole durar en torno a un ano e conclúe coa subhasta do inmoble. A cantidade obtida irá dirixida a pagar a débeda que o titular ten coa entidade bancaria e, en caso de existir, con outros acredores. O diñeiro restante é o único que lle corresponde ao antigo propietario. Pode darse a circunstancia de que a cantidade obtida na subhasta non chegue nin sequera a cubrir a débeda que o titular ten ca entidade. Se isto sucede, o banco está no seu dereito de obtelo a través dun novo proceso xudicial quedándose con outros bens.
Situación moi común debido á devaluación da vivenda
O senador nacionalista advirte de que esta última situación abusiva é común entre as 380.000 familias que non poden pagar neste momento a súa hipoteca
E isto débese a tres motivos. En primeiro lugar a que as valoracións que realizaron as entidades financeiras no seu día para conceder as hipotecas estaban infladas. A este respeito, lembra que, segundo un informe da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros (ADICAE), o 65% das entidades financeiras daba hai a penas un ano préstamos por enriba do 80% do valor de taxación para que puideran cubrir outros gastos.
Tamén porque a devaluación do prezo da vivenda como consecuencia do pinchazo da burbulla inmobiliaria é un feito: segundo o último informe publicado pola sociedade de taxación TINSA o prezo da vivenda caeu un 9,7% no mes de marzo con respecto ao mesmo mes de 2008 e as previsións apuntan a que a caída será aínda maior.
E en terceiro lugar porque, e como consecuencia do anterior, a nova taxación, previa á subhasta, que se realiza cancela unha hipoteca sole ser á baixa.
Os clientes: os auténticos paganos da burbulla inmobiliaria
O senador do BNG denuncia que “miles de persoas atópanse indefensas ante esta situación, que confirma o sentimento de que son vítimas dunha fraude hipotecaria, de que eles son os paganos dun sistema perverso que engordou as contas das grandes construtoras e da gran banca”.
Por todo iso, e “tendo presente que os cidadáns non son responsábeis da devaluación do prezo da vivenda”, Pérez Bouza solicítalle ao Goberno que coa devolución da vivenda se cancele automaticamente a hipoteca.