MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, manifestou, na súa resposta á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que “o Estado se compromete a solucionar o problema dos veciños” que viven en núcleos situados na zona de servidume marcada pola Lei de Costas pero en ningún momento explicou cal ía ser a fórmula.
Davila dirixíase á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para preguntarlle que “medidas ían adoptar para solventar a situación de inseguridade xurídica na que se atopan moitos núcleos singulares e históricos situados na costa galega a menos de cen metros desde o límite do litoral”, dado que o Goberno decidiu recurrir a Disposición Segunda da Lei de Vivenda da Xunta que contemplaba unha solución.
A Ministra admite inseguridade xurídica nestes casos
Elena Espinosa admitiu á deputada do BNG que “é certo que existe inseguridade xurídica” pero o circunscribiu “á ampliación das propiedades e vivendas” pero, afirmou, “os terreos afectados pola servidume continúan a ser de propiedade privada, poden facer obras de conservación” pero a limitación “está en non poder amplialas”.
Co recurso á Lei de Vivenda galega négase unha solución ao problema
A deputada do BNG subliñou o desacordo do BNG coa decisión adoptada polo Goberno de recurrir a Lei galega. “Vosté coñece de primeira mán a situación pola que atravesan os veciños destes núcleos históricos e singulares, que levan moitos anos loitando para que se solucione o inxusto estado no que lles deixou a Lei de Costas de 1988”.
Davila afirmou que “é difícil entender que desde as instancias oficiais non se recoñezan os núcleos de poboación que existían con anterioridade á mencionada Lei de Costas, poboacións nalgúns casos centenarias como algunhas do concello de Marin”.
A parlamentar nacionalista lembrou a Espinosa que son moitos os veciños afectados por esta situación de inestabilidade e desprotección xurídica, e que, “non acertan a comprender por que razón o Goberno non atendeu as súa reiteradas demandas para solventar unha situación que non provocaron eles”. “Teña claro, Señora Ministra, que os cidadáns non pretenden especular co solo, só queren vivir onde viviron sempre sen o temor a sancións, ou incluso, á demolición das súas vivendas”, sinalou a deputada do BNG.
Dado o exposto, a deputada do BNG considera “incomprensíbel” que o Goberno decida recurrir a Disposición Segunda da Lei de Vivenda da Xunta. “Trátase dunha decisión extremadamente grave porque precisamente recurre a única solución que se lle deu ao problema. De xeito que volta a incertidume á vida dos veciños”.
Ademáis, enfatizou Davila, o recurso “persiste en negar que a Administración galega se poida responsabilizar da ordenación urbana do noso litoral, cando é quen mellor coñece as peculiaridades do noso hábitat”.
Por iso, a deputada do BNG instou á Ministra de Medio Ambiente a negociar e dialogar cos concellos e os veciños e coa Xunta, “e resolvan o problema definitivamente”.
Nesta cuestión, Espinosa defendeu que o Goberno recurra a Disposición Segunda da Lei de Vivenda da Xunta porque “entende que pode vulnerar competencias estatais”, en relación á Lei de Costas de 1988. Escudouse no feito de que “esta situación arranca de 1988, e o concello de Marin non cumpriu coa notificación correspondente, e tampouco o fixo en 1995”.
O BNG agarda ao debate da súa proposición non de lei no Congreso
A pesar do afirmado pola Ministra de Medio Ambiente, a deputada do BNG sinalou, ao rematar a sesión plenaria, que os veciños teñen expedientes por obras de reforma nas súas vivendas que non modifican o volume das edificacións, como o feito de cambiar fiestras, así como expedientes de demolición. Neste sentido, Davila puxo de manifesto que o BNG continuará presionando ao Goberno con este tema e agarda ao debate da proposición non de lei rexistrada por Davila.