COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apelou hoxe á concertación social para chegar a “grandes acordos” que permitan paliar a situación económica actual e por en marcha “o antes posible” distintas medidas encamiñadas á creación de emprego.
En tres reunións bilaterais, celebradas no seu despacho cos secretarios xerais das tres forzas sindicais maioritarias, Xosé Manuel Sánchez, CCOO; Suso Seixo, CIG e José Antonio Gómez, UGT, Mato comprometeuse a manter un diálogo fluído co obxectivo, dixo, de que as decisións se tomen de xeito consensuado e tendo en conta as súas demandas.
Para que iso sexa posible, incidiu, será necesario que exista unha “lealdade mutua” para o que brindou liña directa con todos, tras asegurar que non ía “ocultar ningún dato por malo que fose.”
A de hoxe foi”unha reunión de toma de contacto”, explicou a conselleira, quen tras un encontro bilateral duns minutos presentoulles a todo o equipo da Consellería de Traballo e Benestar dado que a partir de agora “haberá un contacto permanente”.
Mato lembroulles que mañá manterá unha reunión co xefe de patronal galega, Antonio Fontenla e, xa na próxima semana, con representantes de asociacións e federacións de autónomos, tras as que se fixarán novos encontros cos líderes sindicais para camiñar na elaboración dun plan “con instrumentos concretos, contidos e prazos”.
Neste sentido, Mato explicou aos portavoces sindicais que terá en conta o plan de competitividade presentados polo goberno anterior, pero que será necesario dotalo dun contido orzamentario e de prazos “do que ata agora carecía.”
A titular de Traballo asegurou tomar nota de todas as propostas dos secretarios xerais de CIG, UGT e CCOO, especialmente no que ten que ver cos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), dado que no primeiro trimestre do ano presentaron un incremento “preocupante.”
Mato lembrou que as cifras manexadas polo seu departamento, co primeiro trimestre pechado, reflicten que ata 31 de marzo houbo en Galicia un total de 292 Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), con preto de 7.000 traballadores afectados, a meirande parte correspondente á provincia de Pontevedra, donde os ERE solicitados foron 161.