O documento de inicio do PXOM que hoxe se presentou ós grupos municipais e que ten que ser remitido á Consellería de Política Territorial para informe previo, antes de ser sometido a aprobación inicial polo Pleno do Concello, ten como características fundamentais as seguintes:
a.- Ademáis de ser por principio un documento de ordenación urbanística xeral, define una ordenación que garante un desenvolvemento sostible. De aí o documento de Avaliación Ambiental Estratéxica que contén o Plan.
b.- O documento que hoxe se presentou integra os plans sectoriais de índole superior. Os contidos do plan Vigo Integra, a autovía Tui-A Guarda, moi fundamentalmente na circunvalación á Guarda, están contempladas neste documento. A circunvalación sur, que nace nas Cachadas e remata en Camposancos, está íntimamente relacionada con estes plans.
c.- O documento revisa o modelo de ordenación. Camposancos, Salcidos e Cividáns-O Castro teñen a consideración de solos urbáns, por cumplir tódolos requisitos legais. A Gándara, Pintán e A Proba Terán a consideración de núcleos rurais.
d.- Respecto do documento de avance hai una importante reducción da capacidade residencial que se materializa nunca importante merma de solos urbanizables. Os solos urbáns e de núcleo rural experimentan un incremento acorde co crecemento poboacional dos últimos anos.
e.- Auméntase o chan dotacional moi fundamentalmente na zona da Sangriña para permitir una futura expansión escolar e deportiva na zona. É un plan ambicioso en canto a zonas verdes.
f.- Dende o avance ata agora, o documento adaptouse os cambios lexislativos que se teñen producido. É, polo tanto, un documento acomodado á legislación vixente.
g.- Prevé un incremento poboacional entre 2011 e 2025, horizonte de vixencia do Plan de arredor de 4000 persoas. O incremento de vivendas cífrao en arredor de 2000.
h.- É, pensamos, un documento que posibilita un crecemento armónico e sostible cunha permanencia dos valores singulares e principais deste Concello. As casas indianas, a arquitectura singular, os valores patrimoniais gozan de garantías para seren conservados.
A Guarda, a 27 de abril de 2009
O Alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas