VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Os dirixentes da federación veciñal Eduardo Chao non teñen dúbidas : "as obras do Plan Estatal teñen que adaptarse ás necesidades de cada barrio e facerse contando coa cidadanía". Polo tanto, a FAVEC apoia as reivindicacións da asociacións veciñais que estes días recollen o descontento da veciñanza nos barrios onde comezan as obras.
"Pedimos ao Concello que respecte o seu traballo para facer partícipe á cidadanía das decisións que afectan á súa calidade de vida. O goberno local non pode artellar un plan de obras de costas á cidadanía que vive nos barrios e esquecer as necesidades e usos que a veciñanza lle da aos espazos públicos. As humanizacións non poden entrar en conflicto coa cidadanía nin ir en detrimento dos servizos indispensables nos barrios. As zonas residenciais como Coia, o barrio histórico e o Calvario adoecen de zonas de estacionamento por iso as humanizacións teñen que considerar esta realidade e nunca poden facerse a costa de suprimir estes espazos, xa que a cidadanía non ten por que pasar por caixa para seguir estacionando ou renunciar ao seu vehículo por simple capricho político", explicaron portavoces da FAVEC.
A Federación Veciñal dice que non está en contra de que se fagan obras na cidade nin de que se humanicen as rúas e espazos públicos. "As formas poñen de relevo a importancia que a cidadanía ten para os nosos gobernantes; neste caso as formas son impresentables. Queremos que se arranxen as rúas e vías públicas como temos manifestado en tantas ocasións e solicitado cun informe completo das deficiencias na cidade como é o Plan Veciñal", refiren.
As asociacións veciñais son puntos de encontro da cidadanía que estes días están a recoller o descontento dos barrios en obras. Existe unha enorme alarma porque a veciñanza non" sabe como van quedar as zonas en obras nin que vai ser das prazas de aparcadoiro. O Concello ten que cambiar o seu enfoque, deixar que a cidadanía participe da construción dos seus barrios e colaborar coas entidades que traballan coa cidadanía e fan posible a súa participación. Por iso pedimos respecto ao labor do movemento veciñal que é o respecto á cidadanía á hora de decidir o futuro do seu barrio", apuntaron finalmente desde a Federación de Asociacións de Veciños de Vigo.