VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o a redución do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, comprometido para os 100 primeiros días de goberno, axudará as economías familiares e reactivará o mercado inmobiliario galego. O titular da Xunta apuntou, no decurso dunha entrevista coa Cadena Cope, que a reforma da Lei que impulsará o Executivo autonómico consistirá en reducir nun 50% este gravame para as familias numerosas e para os menores de 35 anos que queiran mercar unha vivenda.
Trátase dunha medida, manifestou, “que vai na boa dirección, de reactivar a economía, e, sobre todo, de reactivar o parque de vivendas, case 60.000 vivendas que non teñen dono en Galicia, porque os que as queren vender non as poden vender e os que as queren mercar non as poden mercar”.
Nas súas declaracións, Alberto Núñez Feijóo destacou que xunto con esta iniciativa, o Goberno galego está comprometido co impulso doutras dúas medidas en materia fiscal, a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, e a redución do tramo autonómico do imposto sobre a renda para os colectivos con menores ingresos.
Nese sentido, o presidente galego lembrou que durante a pasada lexislatura o Partido Popular lle formulara ao goberno bipartito a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, conseguindo ao final unha modificación parcial deste gravamen. Feijóo asegurou que desde o Goberno galego se sigue considerando necesario eliminar o imposto, xa que “máis do 50% dos españois xa non pagan ese imposto, e non ten ningún sentido que en Castela e León, en Ponferrada, no Bierzo, non se pague un euro por sucesións e doazóns, e uns quilómetros máis arriba, na provincia de Lugo se estea pagando unha porcentaxe”.
O máximo mandatario galego lembrou que “aproximadamente o 50% de comunidades autónomas eliminaron o imposto” e comprometeu que Galicia fará o mesmo ao longo desta lexislatura.
En relación coa redución do tramo autonómico do imposto sobre a renda, Alberto Núñez Feijóo, destacou que esta medida se aplicará ás familias que teñan ingresos brutos anuais de aredor de 17.000-18.0000 euros, “que son 600.000 contribuíntes galegos”, remarcou.
Un financiamento autonómico baseado na cohesión e a vertebración
O presidente da Xunta referiuse, tamén, á reforma do actual modelo de financiamento autonómico e remarcou a necesidade de que se trate dun modelo decidido “entre todos, aprobado entre todos, porque é o diñeiro de todos”. “Creo que o modelo de financiamento temos que deseñalo a partir dunha pregunta previa: que tipo de Estado queremos”, explicou. “Se queremos unha nación na que os principios de cohesión e vertebración que están na Constitución sigan vixentes pois loxicamente estamos facendo mal o financiamento; agora ben, se o que queremos é que o Goberno de turno solucione os seus problemas de estabilidade parlamentaria e os seus problemas internos, entón estamos ante un modelo distinto”, salientou acerca das conversas bilaterais entre o Goberno central e o da Generalitat de Cataluña.
“Se o señor Montilla di que está conseguindo o que quere e os demais non sabemos nin o que está conseguindo nin o que quere pois iso produce moito desasosego”, asegurou Feijóo, quen asegurou que “os indicios” que se están a plantexar producen “inseguridade e recelos” entre os presidentes das demais comunidades autónomas. “O sistema que está enriba da mesa, o que lemos nos medios, é un sistema perverso para comunidades como Galicia, Estremadura, Castela e León, ou Asturias, que conleva máis empobrecemento a longo prazo para estas comunidades e a imposibilidade de converxer en renda coas comunidades máis ricas”, afirmou.
Un litoral “ordenado, pero sen plantexamentos absurdos”
No transcurso da entrevista, Feijóo salientou que o seu Goberno terá listo o Plan de protección do litoral antes de que remate o ano e explicou que nel se recollerá un urbanismo “ordenado, pero sen plantexamentos absurdos como o de paralizar por paralizar só por quedar ben”. “Imos aprobar un Plan de protección do litoral, imos analizar toda a costa, os 1.300 quilómetros, e o que é evidente é que hai zonas onde se poden manter prohibicións para preservar paisaxes e outros nos que é absurdo establecer prohibicións porque a construción xa está consolidada”, explicou. “Prohibir é o contrario de ordenar”, engadiu.
Así, e en referencia a prohibición de construír a 500 metros da costa aprobada polo bipartito asegurou que se tratou dunha parálise “sen orden, nunha franxa de territorio que é nada máis e nada menos que a franxa máis importante desde o punto de vista económico”. “Que sentido ten a prohibición en zonas nas que hai edificios de 3, 4 ou 5 pisos nos 200 ou 250 metros e nos que non se pode construír detrás?”, preguntouse o presidente o galego.
Un calendario realista para o tren de Alta Velocidade
O presidente da Xunta referiuse, ademais, á chegada da Alta Velocidade a Galicia e asegurou que non aceptarán “vaguedades” por parte do Goberno central. “Imos ter proximamente unha reunión e nela imos plantexar dúas cousas: primeiro, que o Goberno deixou de investir unha media de 2.000 millóns de euros ao ano en Galicia que estaban presupostados e non se executaron; e, segundo, que imos establecer un plan e un calendario realista para a chegada da Alta Velocidade a Galicia”, afirmou.
Neste sentido, o máximo mandatario galego lembrou como o Goberno socialista se presentou por primeira vez ás eleccións anunciando a chegada do AVE a Galicia no ano 2009. “E estamos no ano 2009 e o tren aínda non comezou, o treito entre Medina del Campo e Ourense aínda non comezou”, asegurou. “Eu dígolle aos galegos que non podemos baixar a garda”, destacou.
Reposición dos dereitos civís en materia lingüística
En relación coas medidas anunciadas polo Goberno galego en materia lingüística, o presidente da Xunta destacou que as iniciativas postas en marcha buscan a reposición dos dereitos civís dos cidadáns. É o caso das instrucións dadas ao novo director xeral da Función Pública co obxecto de que as oposicións se poidan realizar tanto en galego como en castelán. “Parécenos que é simplemente repoñer un dereito constitucional, e é que calquera persoa que se examine en Galicia para a Administración Pública autonómica ten o dereito a poder facer o exame en galego ou en castelán”, subliñou Feijóo, “agás, loxicamente, na proba que se pode facer para o galego en determinados postos de traballo, de acceso á función pública galega, de contacto co público, e polo tanto que se esixa o coñecemento do galego”.
No mesmo marco situou a decisión de que a Inspección Educativa “repoña os dereitos civís en todos os colexios” no sentido de que os alumnos poidan responder aos exames e dirixirse aos profesores na lingua que desexen, a excepción das asignaturas de lingua española e lingua galega.
Ademais, o presidente da Xunta ratificou o compromiso do Goberno galego de modificar o decreto sobre o galego no ensino e explicou que esta iniciativa se executará logo de efectuar a comprometida consulta cos pais e nais de fillos en idade escolar.