26 abril 2009

El programa PISA tomará medidas a la Educación en Galicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Un total de 54 centros de ensino galegos someteranse, desde mañá e ata o 27 de maio, ás probas de seguimento do programa PISA, que avaliará a calidade do sistema educativo da nosa Comunidade Autónoma. A avaliación analizará o rendemento de preto de 1.600 alumnos galegos de 15 anos, estudantes da ESO.

PISA (que responde ás siglas inglesas de Programa para a Avaliación Internacional de Estudantes) é unha iniciativa da Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos (OCDE) que se realiza cada tres anos e ten por obxecto medir as competencias logradas polo alumnado en tres eidos: lectura, matemáticas e ciencias.

Esta é a cuarta ocasión en que España se aplica o programa PISA de maneira conxunta con outros países pertencentes ou non á OCDE. Galicia ampliou mostra en 2006 co obxectivo de obter datos significativos estatisticamente e poder contrastar os resultados obtidos polo noso sistema educativo en relación coas diferentes países ou comunidades autónomas.

Este ano, Galicia amplía mostra por segunda vez, co que 54 centros educativos que imparten ESO participan no proxecto, en virtude dunha mostraxe estatística que foi realizada pola Comisión da OCDE.

Cada ano, o programa PISA pon o acento nalgunha das tres áreas de análise, correspondéndolle este ano a atención especial á lectura comprensiva, eido no que se centrarán os dous terzos das preguntas da proba. Repítese así o ciclo comezado en 2000, en que tamén foi prioritaria a lectura, mentres que en 2003 foi matemáticas e en 2006 ciencias.

As probas teñen preguntas de resposta múltiple, así como preguntas abertas e semiabertas. No programa PISA tamén se emprega un cuestionario de contexto para profesorado, alumnado e direccións para desta forma correlacionar os resultados académicos cos índices socioeconómicos e culturais de alumnado e dos centros e achegar, nos informes finais, a valoración sobre a equidade e a excelencia do sistema educativo. As probas comezarán o luns 27 de abril e rematarán o vindeiro 27 de maio.

As probas do programa PISA desenvolveranse nos centros CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén (Pontevedra); CPR Calasanz - PP Escolapios, de A Coruña; IES San Mamede en Maceda (Ourense); IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, de Sarria (Lugo); CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña); CPR Concepción Arenal (Ourense); CPR Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); IES Lucus Augusti de Lugo; IES Terra de Xallas de Santa Comba (A Coruña; IES de Oroso (A Coruña); IES Marco do Camballón, en Vila de Cruces (Pontevedra); IES Monelos de A Coruña; IES Nº 1 do Carballiño (Ourense); IES Santiago Basanta Silva, de Vilalba (Lugo); CPR Martín Códax, de Bembrive, Vigo; CPR Sagrado Corazón da Coruña; IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela; IES Eduardo Blanco Amor de Ourense; IES Eusebio da Guarda da Coruña; IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra; IES Xosé Neira Vilas de Perillo, A Coruña; CPR Alba de Vigo; CPR La Milagrosa - Josefa Sobrido de Ribeira (A Coruña); e no IES Terra de Trasancos en Narón (A Coruña)

Tamén se realizarán no CPI Santa Lucía de Moraña (Pontevedra); CPR Jaime Balmes de Noia (A Coruña); CPR La Inmaculada de Marín, Pontevedra; IES Punta Candieira de Cedeira (A Coruña); CPR Jorge Juan de Fene (A Coruña); IES Johan Carballeira de Bueu (Pontevedra); IES Agra de Raíces de Cee, na Coruña; IES de Tomiño en Pontevedra; CPR Apostol Santiago de Vigo; IES Alfredo Brañas de Carballo (A Coruña); IES Manuel Murguía de Arteixo, na Coruña; CPR Padres Escolapios de Monforte de Lemos, en Lugo; IES de Teis en Vigo; CPR Divina Pastora do Barco de Valdeorras, en Ourense; CPR Santo Domingo na Coruña; IES de Sanxenxo en Pontevedra; CPR San Francisco Javier de Santiago de Compostela; IES Álvaro Cunqueiro de Vigo; IES Fontem Albei da Fonsagrada, Lugo; CPR Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra; IES Pazo da Mercé das Neves, en Pontevedra; CPI Virxe do Monte en Cospeito, Lugo; CPR Amor de Dios de Vigo; IES de Barro (Pontevedra); IES Coroso en Ribeira, na Coruña; IES Val Miñor de Nigrán, Pontevedra; CPI O Cruce en Cerceda (A Coruña); IES da Illa de Arousa en Pontevedra; IES Universidade Laboral de Ourense; e IES Macías o Namorado en Padrón, A Coruña.