COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A titular da Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou que esta mesma semana iniciará os primeiros contactos con patronal e sindicatos para por en marcha o plan de choque contra a crise que, asegurou, “é a prioridade do departamento” e deberá ter un carácter “transversal.”
Mato, que hoxe inaugurou as xornadas: “Os retos actuais da responsabilidade social corporativa en relación co bo goberno empresarial” da USC, manifestou a súa intención de consensuar o paquete de medidas anticrise coas diferentes forzas sindicais e coa a patronal, cos que manterá diferentes encontros bilaterais nas vindeiras semanas.
Para a titular de Traballo “non é momento de confrontacións e actitudes altivas” polo que asegurou que realizará unha política de portas abertas para acabar coa “lacra do desemprego.”
Respecto á axilización dos Expedientes de regulación de Emprego (ERE), Mato indicou que a crise “non se soluciona con dúas medidas concretas”, senón que debe trazarse un plan completo no que participarán as distintas administracións e departamentos do Goberno galego.
Neste sentido, subliñou o seu compromiso de axilizar a burocracia dos ERE, pero garantindo os dereitos dos traballadores e traballadoras afectadas por estes expedientes.
Na súa intervención, Mato asegurou que, desde a Xunta, se poñerán en marcha os mecanismos necesarios para que, dentro das competencias autonómicas, sexa posible frear a tendencia de destrución de emprego, que ten levado a un incremento no último trimestre do 50% no número de desempregados, segundo os datos da enquisa de poboación activa publicada o pasado venres polo INE.
Para facer fronte a esta situación a conselleira, pediu tamén a colaboración da Universidade, á que apelou a “estreitar aínda máis os seus lazos co sector empresarial, para garantir a plena inserción dos seus alumnos no mercado laboral unha vez finalizan os seus estudos”.
Acompañada do reitor da USC, Senén Barro, Mato comprometeuse nesta inauguración a contribuír nos próximos catro anos a mellorar a dimensión da responsabilidade social das empresas en Galicia, sen esquecer a grave situación de crise económica .
Trátase, argumentou, non só de acadar beneficios, e de xerar postos de traballo, senón tamén de manter unha conduta responsable co entorno e de contribuír a mellorar as condicións de sostenibilidade a través da posta en marcha dun plan de boas prácticas, que responda ás expectativas dos grupos de interese cos que a empresa traballa no seu día a día.
Hoxe, asegurou, os empresarios e empresarias galegos están cada día máis convencidos de que o éxito empresarial, e os beneficios duradeiros para os seus accionistas non se obteñen unicamente acadando grandes beneficios a curto prazo, senón cun comportamento orientado polo mercado, pero responsable social, laboral, e co medio ambiente.