COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública detectou hoxe un suposto caso de afección por este cadro gripal na nosa comunidade.
- O suposto caso corresponde a unha muller nova, residente na provincia de Ourense, e que está ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense. A súa situación clínica non reviste gravidade e está a ser xa tratada cos antivíricos indicados polos protocolos de actuación da OMS e o Ministerio de Sanidade e Política Social.
Ademais, o caso do varón de mediana idade, residente na provincia de Pontevedra, e que permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, continúa pendente da confirmación das análises por parte do Centro Nacional de Microbioloxía de Madrid. A súa situación clínica non reviste gravidade.