COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que o equipo que dirixe terá un cometido fundamental: “demostrar que se pode ser eficaz, que se pode ser eficiente e que se pode mellorar aínda máis, sendo máis austero, introducindo reformas importantes e economizando en moitas cousas, en practicamente todas, menos na eficacia”.
“Temos o reto por diante de facer as cousas mellor, economizando no posible e dando un exemplo de austeridade. E podémolo facer”, aseverou Alfonso Rueda durante o acto de toma de posesión dos altos cargos do seu departamento.
O conselleiro de Presidencia explicou, ademais, que se trata dun equipo “transversal”, encargado de coordinar moitos asuntos con outras Consellerías. Por iso, explicou, “tentei escoller aos mellores” para formar un equipo “que estea disposto a traballar desde o primeiro momento”. “Creo que acertei cos mellores e agora o que toca é demostralo”, insistiu Alfonso Rueda animando aos cargos que hoxe tomaron posesión a traballar “a partir de xa” e a demostrar “que temos moitísimas cousas que facer por Galicia baixo a dirección de Alberto Núñez Feijóo”.
Os altos cargos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que tomaron posesión hoxe foron: Beatriz Cuiña Barja, como secretaria xeral da consellería, de quen Alfonso Rueda destacou a súa “eficacia, lealdade e disposición”; José Norberto Uzal Tresandí, como director xeral de Administración Local, coñecedor do funcionamento da administración local e que ten como principal reto, segundo destacou o conselleiro, “profundizar e converter en realidade o Pacto Local”. Tamén Roberto Castro García, como director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, coñecedor –dixo Rueda-, do funcionamento do Parlamento e da necesaria conexión entre esta institución e o Executivo galego. De Santiago Villanueva Álvarez, director xeral de Emerxencias e Interior, destacou o seu “profundo” coñecemento da materia; en Jesús María Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea salientou Alfonso Rueda que encontrou un “profundo coñecedor” nunha materia tan importante como as relacións da Xunta, especialmente coa Unión Europea, na cal, dixo, “hai que ter as cousas moi claras para non perder ningunha oportunidade e saber que Galicia tamén se xoga moitísimo nese campo”. O conselleiro tamén tivo palabras para Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública, por ser unha persoa con experiencia na administración pública “que cre profundamente na necesidade continua e fundamental” de que os funcionarios e os traballadores da Xunta estean formados “sempre e en todo momento e actualizados”.
Esta mañá tamén tomaron posesión os novos altos cargos das consellerías de Economía e Industria, de Educación e Ordenación Universitaria, de Cultura e Turismo, de Traballo e Benestar e da Consellería do Mar, actos todos eles presididos polos seus respectivos conselleiros.
Deste xeito, o conselleiro Javier Guerra, presidiu a toma de posesión de José Riesgo Boluda como secretario xeral da Consellería de Economía e Industria, e de Ángel Bernardo Tahoces como director xeral de Industria, Enerxía e Minas. A eles se dirixiu para recordar a “especial responsabilidade” e o “compromiso” que adquiren “para diminuír o sufrimento” polo que atravesan moitos cidadáns como consecuencia da crise económica, e para emprazalos a facer de Galicia unha comunidade de industrias e empresas “competitivas” para crear postos de traballo.
O titular de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, presidiu a toma de posesión de José Luis Vázquez Fernández, como secretario xeral deste departamento autonómico; de José Luis Mira Lema como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; e de José Manuel Pinal Rodríguez como director xeral de Centros e Recursos Humanos. Vázquez Abad manifestou que o seu equipo porá na súa acción de goberno todo o seu tempo e a súa capacidade “sen escatimar en esforzo”.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, tamén tomou hoxe posesión do seu cargo como secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, nun acto que estivo presidido polo máximo responsable deste departamento autonómico, Roberto Varela Fariña. Do que xa é secretario xeral deste departamento autonómico, o conselleiro de Cultura e Turismo salientou “a súa profesionalidade e lealdade” e a súa “traxectoria impecable” para afrontar o traballo futuro.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu o acto de toma de posesión dos altos cargos dependentes deste departamento autonómico: Cristina Ortiz Dorda, como secretaria xeral; Susana López Abella, como secretaria xeral de Familia e Benestar; Odilo Martiñá Rodríguez, como director xeral de Relacións Laborais; Andrés Hermida Trastoy como director xeral de Promoción do Emprego; Coro Piñeiro Vázquez como directora xeral de Dependencia e Autonomía Persoal; e Ovidio Rodeiro Tato, como director xeral de Xuventude e Voluntariado. Durante o acto, a conselleira de Traballo e Benestar amosou o seu convencemento de que conta “co mellor equipo para pilotar esta Consellería”, consciente de que “o momento de dificultade que atravesamos” achega un “plus de dificultade” á xestión deste departamento. “Faremos do diálogo social a nosa consigna de traballo”, asegurou Beatriz Mato, quen alentou ao seu equipo a traballar unido “para devolver a Galicia a súa confianza”.
Esta mañá tamén tomaron posesión Francisco José Vidal-Pardo y Pardo como secretario xeral da Consellería do Mar; Juan Carlos Maneiro Cadillo, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica; Pablo Ramón Fernández Asensio, como director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; Susana Rodríguez Carballo, como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro; José Manuel Álvarez-Campana Gallo, como presidente do Consello de Administración do entre público de Portos de Galicia e; María Covadonga Salgado Blanco como directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño. O acto estivo presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana que defendeu a valía do seu equipo ante os retos “difíciles” que este departamento ten por diante. “O sector non está pasando polos seu mellor momento pero nós imos poñer todo o que levamos dentro para que o mar de Galicia sexa recoñecido en todo o mundo”, aseverou.