VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Plan Anticrise, para xerar emprego e traballo, posibilitará investir 275,5 millóns ata o 2011 sen contar coas aportacións dos concellos, que serán reguladas nunhas bases.-
OS PRESUPOSTOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O 2009 ACADAN OS 173,2 MILLÓNS DE EUROS, 27,7 MÁIS QUE O ANO PASADO
O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, mantivo unha xuntanza cos portavoces dos grupos provinciais do PSOE, Emilio González, e BNG, Cesáreo Mosquera, para presentarles as contas provinciais para o vindeiro exercicio de 2009.
Os presupostos da Deputación de Pontevedra para o 2009 acadan os 173.250.000 euros, 27,7 millóns máis que o ano pasado (145,5 millóns).
O capítulo de gastos correntes descende un 5,25% e as transferencias correntes 0,55%. Sen embargo, o capítulo VI, as inversións, incrementanse nun 30%.
As contas provinciais inclúen un Plan Anticrise para tres anos, co obxectivo de xenerar emprego e inversión productiva, que acada os 227.536.000 euros. Tendo en conta que, a data de hoxe, a Deputación tén 48 millóns en trámite de adxudicación de obras, dende hoxe ata o 2011, as inversión da institución provincial acadarán os 275,5 millóns de euros sen contar as aportacións dos concellos ó devandito Plan Anticrise pois éstas serán reguladas nunhas bases con criterios obxectivos.